GPS co último, enviar arquivos grandes e cantando pola rede

Setembro 1st, 2008

O novo GPS de Blaupunkt que ten de todo é o Travel pilot 700. Unha cámara para ir vendo a estrada e mostrar sobre as imaxes en tempo real as indicaccións do GPS, conexión Wifi, tarxeta de TDT, buetooth e moitísimo máis fan deste aparello un ordenador portatil para o teu coche. Claro, sí, polo de agora caro, sobre uns 500€.

Cando non poidas enviar un arquivo por correo porque é moi grande, podes utilizar servizos gratuitos para compartir arquivos na rede. analizamos 3:

A mín o que máis me gusta é Rapidshare.com, porque dache a opción de borrarlo arquivo unha vez que o reciba o destinatario.

O único malo é que está en inglés e a tradución automática de Google non  traduce todo. Para os que teñades problemas co idioma das illas británicas, isto é o que tedes que saber para utilizarla páxina:

  • Upload= subir/cargar
  • Download= baixar/descargar
  • Delete= borrar

Con isto non teredes ningún problema para poder utilizar esta páxina.

O funcionamiento das tres é o mesmo, subes o arquivo e te proporcionan unha dirección web (URL) que é a que lle tes que enviar a  persona ou personas que queras que se descarguen o arquivo.

O que recomendo que non utilicedes nunca é o Megaupload.com , páxina confusa deseñada para que nos ‘trabuquemos’ e pinchemos nunha serie de cousas que non necesitamos para nada.

Un exemplo de xente con cara dura que aproveita a popularidade dunha páxina para pescar a incautos que non se fixen na terminación: Rapidshare.es , disfrazada dunha páxina con tematica relacionada a Rapidshare.com, intenta sacar tajada de aqueles que pensan que están na páxina correcta.

Para pasar un rato divertido, se a tua conexión ADSL deixate: karaokeparty.com, O único malo é que polo de agora son todalas cancións en inglés…a mín dame o mesmo, porque canto igual de mal en calquer idioma. Se triunfa, que supoño que sí, pronto aparecerá a sua versión en castelán.

Listo por hoxe, deica o vindeiro lúns.

Por certo, hoxe non falamos do blog de Fran, senxeito.eu ;-)

Aperrrrrrrrrrrrrtas

HTPC, servizo de traducción online e unha web graciosa.

Agosto 25th, 2008

Hoxe saudábamos aos meu proxenitores de visita por estas terras, esas cousas fanlle moita ilusión ás nais…polo menos á miña.

Falamos de novas tendencias, do que está por vir nun futuro non tan lonxano ao salón das nosas casas. Un HTPC no que están a traballar Intel e Yahoo. Trátase dun chip que permitirá utilizalo televisor coma un ordenador de maneira sinxela abrindo así un novo mundo de posibilidades de entretenimento e comunicación. Seguiremos o proxecto a ver en que acaba.

Se tes un texto ou unha web nun idioma que non entendes, freetranslation.com pódeche axudar. Este servizo é gratuito, pero se o que precisas é unha traducción profesional, nesta páxina tamén podes contratala.

A tontería do día, momentos de humor: KooKies.it , lee a túa galletiña china da sorte e crea e comparte as túas. Iniciativa ben curiosa…

Ah!!!, tamén falamos de senxeito.eu , o blog de Carlos Blanco, perdón, de Fran Hermida.

Unha aperta e deica o vindeiro día. :-)

Volta de vacacións

Agosto 18th, 2008

Pois aquí vai outro post despois deste longo tempo sen actualizar isto.

Voltamos de vacacións, bueno voltei, que Fran estaba por alí mandando faxes, toda a mañá para mandar un fax…que peniña.

De que falamos?

Do blog de Fran, Senxeito, nome moi apropiado sendo de quen é. Non deixedes de visitalo, non é que conte moito pero ten unhas fotos moi bonitas ;-)

De Rockola.fm, unha radio por internet para escoitar música de maneira diferente.

De mientrenamiento.com, red social adicada a planificar e compartir planings de entranemiento persoais.

O próximo Luns máis, unha aperrrta.

Os diarios dixitais da Bisbarra e servizos da conta de Gmail.

Xuño 2nd, 2008

Hoxe falamos de varias páxinas que diariamente cubren a información da bisbarra.

Destacamos entre elas:

Vaia dende aquí unha homenaxe ao gran traballo que están a facer toda a xente que está detrás destas páxinas.

Eu coñezo varias destas iniciativas bastante ben e, como é evidente, a que mellor coñezo é a de quepasanacosta. Por iso ben sei todo o traballiño que leva, e valoro moito á xente que adica o seu tempo a estes menesteres.

Tamén aproveito para felicitar ao meu compañeiro Ubaldo, o polaquito de Lombáns ;-), que dende xa fai moitos meses leva facendo un enorme traballo ao frente de quepasanacosta.

En Camariñas por un lado temos o diariocamarinan, veterano no periodismo dixital da costa, e polo outro a camarinas.eu, novo nestas lides, pero que naceu con moita forza e así pódese ver pola gran cantidade de visitas que conseguiron en poucos meses.

Unha das cousas que conseguiron Jose e Diego coas súas iniciativas, foi crear unha comunidade camariñana en internet, onde xente do pobo de todalas partes do mundo atopa en estas páxinas un lugar de encontro. Isto non é nada sinxelo nun concello con 6.300 habitantes e da Costa da Morte!.

A ver se para o ano podemos falar do nacemento de máis páxinas de información na bisbarra!

A páxina web do día

Hoxe falamos de dous dos moitos servicios aos que podes acceder se tes unha conta de correo en gmail:

Google docs e Google calendar

Non vos conto nada, deixo que exploredes os enlaces que ‘focellando’ é como se aprende.

Deica o próximo luns!

O correo de Google e consulta de prospectos por internet

Maio 26th, 2008

Hoxe falamos do correo de Google, Gmail.

Opción máis que boa se ainda non temos ningunha conta de correo ou se queremos probar algunha outra opción máis alá do tipico Hotmail.

Para mín é unha das mellores opcións, pola sinxeleza no manexo e nas tarefas de búsqueda de correos. Os servicios complementarios que da a conta de Gmail, tamén son moi interesantes, pero disto falaremos en vindeiros programas.

Animádevos a crear unha conta en Gmail e ‘focellar’ con ela, e se tedes calquer dúbida podedes contactar conmigo e tratarei de votaros unha man.

A páxina web do día

www.prospectos.net, onde podedes atopar un gran número de prospectos de medicamentos. Rematouse o de atopar medicamentos na casa e non saber para que nolo recetaron.

Atoparedes tamén un foro onde os usuarios plantexan as súas dúbidas, o importante a ter en conta aquí é que non son nen médicos nen farmaceúticos!, así que sentidiño co da automedicación que logo veñen os problemas.

Nada máis por hoxe, apertas e ata a vindeira semana.


Firefox e concertos

Maio 19th, 2008

Hoxe falamos do navegador Firefox, facil de instalar e que non da nengún problema por telo instalado xunto co Internet explorer.

Para descargalo programa so tedes que ir a esta páxina e seguir as instruccións: http://www.mozilla-europe.org/es/products/firefox/

Incluso poderemos pasar toda a información do Internet Explorer ao Firefox dende o menú deste último. Imos a Archivo, logo seleccionamos Importar e imos dandolle a seguinte ata que remate o proceso.

Este navegador e máis seguro que o Internet Explorer e as labouras de actualización son moito máis sinxelas.

Animadeos a probalo e deixade o Explorer para cando no Firefox non poidades ver ben as páxinas…que tamén pasa, ninguén é perfecto.

Un ‘truquiño’, que tamén funciona no internet explorer 7: premede a tecla Control (Ctrl), deixádea pulsada e dádelle logo ao ‘t’, ábrese unha nova pestaniña onde podedes ver outra páxina web sen necesidae de ter que abrir unha xanela por cada páxina que queramos consultar .

A páxina web do día

www.desconcierto.com, unha páxina ‘feita en Galiza’, onde os amantes dos concertos e da música atoparedes información sobre concertos, festivais, discos….

Lei de Garantías nas compras pola rede e como medila velocidade da túa conexión

Maio 12th, 2008

Programa un tanto ‘espesito’ o de hoxe, estamos como o tempo.

Falamos hoxe das garantías nas compras por internet. Compras que están suxeitas a Lei xeral de defensa dos consumidores e usuarios, como se a fixéramos en calquer establecemento.

Isto é así se mercamoslle algo a unha empresa por internet, se llo mercamos a un particular non gozaríamos de ningunha garantía, coma tamén pasa nas compras a particulares fora de internet.

Os puntos máis importantes de esta Lei:

  • A duración da garantía para os bens novos é de 2 anos, no caso de bens de 2º man, coma mínimo terá que ser dun ano.
  • Nos primeiros 6 meses, o vendedor está obrigado a recollelo produto e reparalo ou substituilo por outro, xa que a lei dí que neste periodo de tempo asúmese que calquer faio no funcionamiento do produto é por un defecto de fabricación.
  • Pasados esto 6 meses, o vendedor pode pedirnos que demostremos que é un defecto e fábrica. Isto teríamolo que facer pagando a un perito, custo que tería que devolvernolo vendendor no caso de ser un defecto de fábrica.
  • Se non podemos contactar co vendedor ou nos pon pegas, poderíamos enviarlle o produto directamente ao fabricante, importador ou levalo ao servicio técnico oficial do produto. Nesos 6 primeiros meses están OBRIGADOS a facerse cargo de todolos gastos derivados do proceso, incluidos os de envío.
  • Para poder facer efectiva a garantía temos que ter un documento que acredite que a mercamos. é importante gardar todolos correos que enviamos e recibimos, así como esixir sempre factura.

Con todo temos que poñer un pouco de sentido común nas nosas compras por internet, o tema da factura é moi importante se logo queremos esixir nosos dereitos coma consumidores.

A páxina web do día

Páxina da asociación de internautas onde podemos atopar información referente a todo o mundo de internet así como diversas utilidades como o medidor de velocidade da nosa conexión.

Se tedes unha conexión de 3Mb a velocidade de baixada debería ser de 3000kbs e a de subida de 320kbs, se a vosa conexión é de 1Mb entón teríades que ter 1000Kbs de baixada e 256Kbs de subida.

Se tedes unha conexión de 512…non midades nada, vai lento porqué é un servizo malo, paciencia e a rezar para que chegue a vosa zona un ADSL decente.

Deica o vindeiro Luns…tentarei buscar algo máis ameno ;)

O Blue-ray e gasofa.es

Maio 5th, 2008

Falamos hoxe do Blue-ray, a nova tecnoloxía que chega para substituir ao DVD.

Repítese a ‘guerra’ que na década dos 70 e 80 tiveron Sony e JVC por impoñelo seu estandar para os vídeos domésticos Beta vs VHS, nesa ocasión JVC conseguiu impoñerse a Sony.

Desta volta Sony, xunto con outras moitas compañías defendeu a opción do Blue-ray, frente a empresas que apoiaron o HD-DVD como NEC, Toshiba, Sanyo e Microsoft. Agora parece que Sony apostou pola opción gañadora.

Trátase de discos da mesma apariencia que os CDs ou DVDs actuaís, pero con moita máis capacidade. Nesta táboa sacada da Wikipedia podedes vela comparación entre os distintos formatos.

  Blu-ray HD DVD HD-VMD DVD
Capacidad 23,3/25/27 GB (capa simple)
46,6/50/54 GB (capa doble)
15 GB (capa simple)
30 GB (capa doble)
19 GB (cuatro capas)
24 GB (cinco capas)
4,7 GB (Capa Simple)
8,5GB (capa doble)
Longitud de Onda del Rayo Láser 405 nm 405 nm 650 nm 650 nm
Tasa de Transferencia datos 36,0 / 54,0 Mbps 36,55 Mbps 40,0 Mbps (no indica
si es datos o audio/vídeo)
11,1 / 10,1 Mbps
Formatos Soportados MPEG-2, MPEG-4 AVC, VC-1 MPEG-2, VC-1 (Basado en WMV), H.264/MPEG-4 AVC MPEG-1, MPEG-2, MPEG-4 AVC, VC-1 DVD, VCD, MPEG-2
Resistencia a rayas y suciedad No No No

Unha das cousas que vendían os defensores do Blue-ray era a súa protección anticopia, pois no 2007 a empresa SlySoft sacou un programa co que se poden copiar…o que de seguro fará que se vendan moitos mais discos e aparatos de Blue-Ray.

Páxina web do día

Na páxina gasofa.es podemos atopar os prezos oficiais das gasoliñeiras de toda España, as gasoliñeiras máis baratas, información sobre a súa localización e horarios.

Tamén atopamos información sobre a localización dos radares fixos e das ITVs.

O vindeiro luns máis….

Máis información: blue-ray na wikipedia , hd-dvd na wikipedia

Viaxando dende a casa

Abril 28th, 2008

No programa de hoxe falamos de Panoramio.com, unha páxina baseada nos mapas de google e onde podemos ver fotos que fixo a xente en todo o mundo colocadas no lugar onde foron sacadas. Interesante e divertida forma de viaxar dende a casa, tanto para pasalo rato como para descubrir sitios que visitar nunha zona a onde teñamos pensado ir.

Moitas fotos da costa da morte, ao mellor descubrimos sitios na nosa bisbarra…

Páxina web do día

Comparayviaja.com, páxina onde podemos obter unha comparativa de prezos de hoteis, voos, aluguer de coches e incluso cruceiros…unha maneira sinxela de informarnos pola rede dos prezos en toda Europa.

Lastfm, aprendendo de música

Abril 21st, 2008

Hoxe sección rápidiña, falamos da Araheira e dunha páxina que si te gusta a música podes chegar a tolear: Lastfm.es.

Introduces o teu artista favorito, busca un tema del e vai ‘pinchando’ música de artistas similares. Podes facer tamén búsquedas por estilios musicais e ofreceche datos dos grupos, discografía, vídeos…

Un paraiso para todolos amantes da música e un bo sitio para coñecer novos grupos.