Vaia dende aquí unha homenaxe ao gran traballo que están a facer toda a xente que está detrás destas páxinas.
Eu coñezo varias destas iniciativas bastante ben e, como é evidente, a que mellor coñezo é a de quepasanacosta. Por iso ben sei todo o traballiño que leva, e valoro moito á xente que adica o seu tempo a estes menesteres.
Tamén aproveito para felicitar ao meu compañeiro Ubaldo, o polaquito de Lombáns ;-), que dende xa fai moitos meses leva facendo un enorme traballo ao frente de quepasanacosta.
En Camariñas por un lado temos o diariocamarinan, veterano no periodismo dixital da costa, e polo outro a camarinas.eu, novo nestas lides, pero que naceu con moita forza e así pódese ver pola gran cantidade de visitas que conseguiron en poucos meses.
Unha das cousas que conseguiron Jose e Diego coas súas iniciativas, foi crear unha comunidade camariñana en internet, onde xente do pobo de todalas partes do mundo atopa en estas páxinas un lugar de encontro. Isto non é nada sinxelo nun concello con 6.300 habitantes e da Costa da Morte!.
A ver se para o ano podemos falar do nacemento de máis páxinas de información na bisbarra!
A páxina web do día
Hoxe falamos de dous dos moitos servicios aos que podes acceder se tes unha conta de correo en gmail:
Opción máis que boa se ainda non temos ningunha conta de correo ou se queremos probar algunha outra opción máis alá do tipico Hotmail.
Para mín é unha das mellores opcións, pola sinxeleza no manexo e nas tarefas de búsqueda de correos. Os servicios complementarios que da a conta de Gmail, tamén son moi interesantes, pero disto falaremos en vindeiros programas.
Animádevos a crear unha conta en Gmail e ‘focellar’ con ela, e se tedes calquer dúbida podedes contactar conmigo e tratarei de votaros unha man.
A páxina web do día
www.prospectos.net, onde podedes atopar un gran número de prospectos de medicamentos. Rematouse o de atopar medicamentos na casa e non saber para que nolo recetaron.
Atoparedes tamén un foro onde os usuarios plantexan as súas dúbidas, o importante a ter en conta aquí é que non son nen médicos nen farmaceúticos!, así que sentidiño co da automedicación que logo veñen os problemas.
Nada máis por hoxe, apertas e ata a vindeira semana.
Incluso poderemos pasar toda a información do Internet Explorer ao Firefox dende o menú deste último. Imos a Archivo, logo seleccionamos Importar e imos dandolle a seguinte ata que remate o proceso.
Este navegador e máis seguro que o Internet Explorer e as labouras de actualización son moito máis sinxelas.
Animadeos a probalo e deixade o Explorer para cando no Firefox non poidades ver ben as páxinas…que tamén pasa, ninguén é perfecto.
Un ‘truquiño’, que tamén funciona no internet explorer 7: premede a tecla Control (Ctrl), deixádea pulsada e dádelle logo ao ‘t’, ábrese unha nova pestaniña onde podedes ver outra páxina web sen necesidae de ter que abrir unha xanela por cada páxina que queramos consultar .
A páxina web do día
www.desconcierto.com, unha páxina ‘feita en Galiza’, onde os amantes dos concertos e da música atoparedes información sobre concertos, festivais, discos….
Isto é así se mercamoslle algo a unha empresa por internet, se llo mercamos a un particular non gozaríamos de ningunha garantía, coma tamén pasa nas compras a particulares fora de internet.
Os puntos máis importantes de esta Lei:
A duración da garantía para os bens novos é de 2 anos, no caso de bens de 2º man, coma mínimo terá que ser dun ano.
Nos primeiros 6 meses, o vendedor está obrigado a recollelo produto e reparalo ou substituilo por outro, xa que a lei dí que neste periodo de tempo asúmese que calquer faio no funcionamiento do produto é por un defecto de fabricación.
Pasados esto 6 meses, o vendedor pode pedirnos que demostremos que é un defecto e fábrica. Isto teríamolo que facer pagando a un perito, custo que tería que devolvernolo vendendor no caso de ser un defecto de fábrica.
Se non podemos contactar co vendedor ou nos pon pegas, poderíamos enviarlle o produto directamente ao fabricante, importador ou levalo ao servicio técnico oficial do produto. Nesos 6 primeiros meses están OBRIGADOS a facerse cargo de todolos gastos derivados do proceso, incluidos os de envío.
Para poder facer efectiva a garantía temos que ter un documento que acredite que a mercamos. é importante gardar todolos correos que enviamos e recibimos, así como esixir sempre factura.
Con todo temos que poñer un pouco de sentido común nas nosas compras por internet, o tema da factura é moi importante se logo queremos esixir nosos dereitos coma consumidores.
Se tedes unha conexión de 3Mb a velocidade de baixada debería ser de 3000kbs e a de subida de 320kbs, se a vosa conexión é de 1Mb entón teríades que ter 1000Kbs de baixada e 256Kbs de subida.
Se tedes unha conexión de 512…non midades nada, vai lento porqué é un servizo malo, paciencia e a rezar para que chegue a vosa zona un ADSL decente.
Deica o vindeiro Luns…tentarei buscar algo máis ameno
Falamos hoxe do Blue-ray, a nova tecnoloxía que chega para substituir ao DVD.
Repítese a ‘guerra’ que na década dos 70 e 80 tiveron Sony e JVC por impoñelo seu estandar para os vídeos domésticos Beta vs VHS, nesa ocasión JVC conseguiu impoñerse a Sony.
Desta volta Sony, xunto con outras moitas compañías defendeu a opción do Blue-ray, frente a empresas que apoiaron o HD-DVD como NEC, Toshiba, Sanyo e Microsoft. Agora parece que Sony apostou pola opción gañadora.
Trátase de discos da mesma apariencia que os CDs ou DVDs actuaís, pero con moita máis capacidade. Nesta táboa sacada da Wikipedia podedes vela comparación entre os distintos formatos.
Unha das cousas que vendían os defensores do Blue-ray era a súa protección anticopia, pois no 2007 a empresa SlySoft sacou un programa co que se poden copiar…o que de seguro fará que se vendan moitos mais discos e aparatos de Blue-Ray.
Páxina web do día
Na páxina gasofa.es podemos atopar os prezos oficiais das gasoliñeiras de toda España, as gasoliñeiras máis baratas, información sobre a súa localización e horarios.
Tamén atopamos información sobre a localización dos radares fixos e das ITVs.
No programa de hoxe falamos de Panoramio.com, unha páxina baseada nos mapas de google e onde podemos ver fotos que fixo a xente en todo o mundo colocadas no lugar onde foron sacadas. Interesante e divertida forma de viaxar dende a casa, tanto para pasalo rato como para descubrir sitios que visitar nunha zona a onde teñamos pensado ir.
Moitas fotos da costa da morte, ao mellor descubrimos sitios na nosa bisbarra…
Páxina web do día
Comparayviaja.com, páxina onde podemos obter unha comparativa de prezos de hoteis, voos, aluguer de coches e incluso cruceiros…unha maneira sinxela de informarnos pola rede dos prezos en toda Europa.
Hoxe sección rápidiña, falamos da Araheira e dunha páxina que si te gusta a música podes chegar a tolear: Lastfm.es.
Introduces o teu artista favorito, busca un tema del e vai ‘pinchando’ música de artistas similares. Podes facer tamén búsquedas por estilios musicais e ofreceche datos dos grupos, discografía, vídeos…
Un paraiso para todolos amantes da música e un bo sitio para coñecer novos grupos.
Normalmente ao cabo de dous anos un ordenador que se utilizou para baixar a miudo cousas de internet empezaselle a notar unha baixada no seu rendemento, vai mais lento, quedase colgado con mais frecuencia, etc..
Isto e normal que ocurra e ten unha solución moi sinxela, levalo a que nos fagan unha limpeza nunha tenda de iformática. Non é moi caro e porá de novo o noso ordenador a funcionar como cando o mercamos.
Para traducir palabras do español ao inglés, itliano, portugués ou frances temos o Wordreference, que tamén daranos a tradución ao español de palabras neses idiomas.
A páxina web do día
Unha páxina web onde poderemos traducir os noso textos ao galego, catalán euskera ou castelán, chámase opentrad. Ainda que fai inhar traducións moi boas, compre repasalas que o ‘bicho’ non é infalible.
Falamos dos servizos que ofertan as distints entidades bancarias e do que é o protocolo de conexión segura [ https://].
Este protocolo indica que estamos a dar os nosos datos nun espazo seguro, evitando así a utilización mal intencionada dos mesmos. Serve para identificar se é realmente a web que dí que é ou se trata dunha copia feita para captar os nosos datos, o que se coñece como phishing.