|
A pasada tarde noite do mércores, 28 de novembro de 2007, tiña lugar na Casa do Alemán unha xuntanza convocada polo alcalde socialista, Manuel Valeriano Alonso, "Pichurri", coa intención de explicarlles a situación da posible construción dunha piscifactoría no lugar de Xandriña aos habitantes do concello. Camelle non quere granxa A xornada non foi nin moito menos tranquila. E a conclusión foi clara: Camelle non quere granxa. Os veciños non aceptan as propostas de Pesca, chegadas da man do secretaria xeral da consellería, Alberto López Sieiro, e de Marisol Soneira, diputada no Parlamento Galego, que puñan a necesidade de ordenar o litoral e a compatibilidade da acuicultura coa pesca tradicional, alén das esixencias medioambientais do plan, como argumentos báisco. Semella que os devanditos "postos de traballo" xa non colan, que os veciños xa caeron da conta do truco, e 20, como moito, postos por planta (dos que da vila en cernes serán 10 con sorte) non compensan a venta do noso mellor tesouro. "Se os veciños non queremso vender, non se constrúe" O tema das expropiacións foi outro dos máis quentes. Os afectados apuntan que as terras son deles, e que non as queren vender. As acusacións aos socialistas, tanto do concello como da Xunta, de primar os intereses do capital, que ademais é estranxeiro, fronte ás persoas, soaron con forza na reunión. Erro nun fax! Marisol Soneira apuntaba que dende a Xunta consta que a información sobre a posible construción da granxa, que o alcalde negaba a semana pasada, pero algunha clase de erro de comunicación puido provocar que a nota non chegara ao concello. Se os veciños non queren, os socialistas non o permitirán A xente marchou da xuntanza cunha pequena promesa por parte da deputada socialista e por parte do alcalde camariñán. O alcalde recordaba a necesidade de crear un plan do que a vila quere vivir. Se hai interese polo turismo rural, haberá que comezar a plantexar un plan serio de desenvolvemneto do turismo rural de calidade na zona. Para rematar, o alcalde prometía que se Camariñas non quere granxa, el axudará a crear un frente para tentar que no lugar de Xandriña non se constrúa. Novas relacionadas Fonte .
|