Martes, 06 de xaneiro do 2009
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

O recuncho da Costa (VII): A Casota de Freáns  Correo-e
sábado, 01 de diciembre do 2007

ImageContinuamos a xeira de lugares especias da nosa bisbarra abrindo un novo camiño: o das antas. Estas antas representaban os lugares onde só os máis importantes xefes das tribus repousaban logo da morte física. O megalitismo na Costa da Morte é outro dos nosos meirandes tesouros, e como tal habemos coidalo. A Casota de Freáns atópase preto de Berdoias, e pertence á Ruta do Dólmenes que o concello de Vimianzo ten tan ben preparado.

Sen ser a anta máis grande, nin a que está no lugar máis paradisíaco e sen ser a máis importante históricamente, a Casota, coa a súa sinxela forma cuadrada é a favorita do que escribe, pero xa iremos repasando outros monumentos megalíticos da bisbarra para comparar ideas.

Esta arca pertence a unha época un pouco máis tempraneira, entre o 2500 e o 2000 a.C., antecedendo a Idade de Bronce. Máis adiante servíu durante moitos anos coma refuxio para pastores. Mantén gravados e covas e cruces.

Dende aquí, agardamos que nos cheguen propostas de bonitos recantos da bisbarra ao noso contacto Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver e así entre todos ir repasando a xeografía da Costa da Morte.

Cómo chegar

Dende Cee collemos a nacional AC-552 cara Carballo e ao chegar ao cruce de Berdoias collo á dereita. Uns 200 metros logo do cruce hai un desvío cara a dereita pegadiño a unha casa, sinalado pero daquela maneira, co sinal medio desfeito que case non se ve. Continuamos ata unha pista de terra onde convén deixar o coche. Uns 900m máis adiante e logo duns preciosos castiñeiros atopamos a casota.

Máis información

Outros recunchos da Costa

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de Que pasa na Costa.
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com