|
A Plataforma veciñal de Merexo, (Muxía) presentaba a semana pasada na consellería de Medio Rural un proxecto de producción ecolóxica de cebola e agroturismo como alternativa a piscifactoría. Con estas propostas tan interesantes a plataforma trata de amosar aos concellos que un desenvolvemento sostible é posible. A reunión que se celebraba o pasado 28 de novembro en Camariñas, co gallo da piscifactoría do lugar da Xandriña, estivo ben secundada polos veciños de Merexo. No pleno, discutíase que clase de desenvolvemento quere a bisbarra, así como a necesidade de poñerse realemente en marcha coa decisión. A saída da reunión do pasado 28 non ten desperdicio, e se pode visitar no yu tuf: Vídeo da saída da reunión en Camariñas. Agroecoloxía e agroturismo como medio de vida Os terreos situados na zona de A Braña, no litoral da costa que se verían afectados pola ampliación da piscifactoría se Stolt Sea Farm, utilízanse actualmente para a producción de cebola normal. As cebolas da Braña, ademais non necesitan e sistema de regadío debido á proximidade de líñas subterráneas de auga. O portavoz veciñal Antonio Deveso sinala que o proxecto de produción ecolóxica de cebola xeraría máis de 50 postos de traballo directos, unha produción anual de 1.000 toneladas e máis de 1 millón e medio de euros de beneficios. Unhas cifras que nada teñen que envidiar ás da granxa, todo o contrario. A plataforma veciñal completa o proxecto cunha iniciativa de agroturismo, presentado como unha alternativa de fixación de poboación, como núcleo de formación e achegamento da poboación urbana ao mundo rural. Un desenvolvemento con cabeciña, vamos. Confiando na Xunta Así, os veciños confían en que a Xunta reflexione e paralice o plan acuícola en toda Galicia. Non só está Merexo e Camelle en pé de guerra, senón que as manifestacións chegan a todos os recunchos do noso litoral. Os veciños de Merexo estarán presentes durante a Homenaxe ós voluntarios do Prestige nesta ponte da Constitución en Muxía e preparan unha concentración para o vindeiro 16 de decembro en Merexo. Roteiro en Quilmas Lembramos o chamamento que a A Plataforma s pola Defensa do Patrimonio Cultural de Quilma realiza para o 6 de decembro, cun roteiro de protesta contra o Plan Acuícola. Sairá ás 11:00 desde a fonte de Quilmas para disfruta ao longo do día das preciosas paraxes da parroquia. Vantaxes da agricultura ecolóxica A produción ecolóxica está evolucionando enormemente nos últimos anos no noso país. Outras zonas de Europa van moi por diante, seguindo coa norma habitual, e os produtos ecolóxicos xa se poden atopar mesmo nos supermercados, malia que isto reduce a súa condición de ecolóxico polos procesos de conservación e transporte que conleva. Achegándonos un pouco á produción de cebola ecolóxica, en España a demanda está crecendo moito máis que a oferta de produción, de xeito que os prezos están a subir chegando a estas alturas aso 2 ou 3 euros no mercado. Isto indica que o consumidor consciente está comezando a deixarse ver e a ter importante nesta sociedade na que o consumo non ten a concepción de interacción co mundo como noutras sociedades máis desenvolvidas, onde o consumo resulta máis importante na interacción coa sociedade que o propio feito de votar nunhas eleccións. Fixación poboacional A fixación poboacional no rural é un dos grandes problemas aos que o noso país se enfronta neste século XXI. Máis de 400.000 persoas teñen deixado o agro galego para pasar a formar parte da colmena urbanística nos últimos 30 anos. O éxodo rural é un dos meirande sperigos que corre o noso país polo que temos que tomar medidas para evitar que, sobre todo, a xuventude marche á cidade. Na horta ecolóxica, onde o mercado local o é todo, (ben nos gusta mercar os domingos no mercado de Cee, por exemplo, as leitugas das señoras), favorécese o produto nacional, e hai que apuntar que o 80% dos produtos consumidos en Galicia son de importación. Na horta ecolóxica o concepto de xefe e de peón non existe, favorecendo unha maior identificación co traballo que un realiza. Non é por nada, pero un traballou en fábrica, e non hai traballo co que un se poida identificar menos que co de darlle cada 5 segundos a un botón, para que outro gañe a meirande parte do beneficio. Características máis salientables da agricultura ecolóxica - A convivencia entre sistemas tradicionais de traballo e nova investigación fan compaxinar o uso de sistemas de producción natural co emprego de elementos biolóxicos e de recursos renovables, sempre sen ningún tipo de manipulación tecnolóxica.
- Respeto ó medio natural: no canto da utilización de productos químicos de síntese (coma pesticidas), utilízanse métodos alelopáticos, isto é, a convivencia de varias especies vexetais nas que unhas controlan as plagas doutras por medio da súa produción e liberación de repelentes, atraíntes, estimulantes e inhibidores químicos.
- O policultivo reduce a vida das plagas creando maior resistencia no solo, provocando unha reciclaxe dos nutrintes e permitindo unha boa fixación de Nitróxeno.
- A rotación pasto-cultivo favorecendo a integración animal (saudable, non de explotación) xera máis materia orgánica no solo (o abono de toda a vida), reduce a vida das plagas e elimina as malezas.
- O carácter local da comercialización reduce os costes e a contaminación do transporte.
- A calidade do produto é máxima garcias ao tratamento natural integral durante todo o proceso de produción.
Máis información sobre agroecoloxía
|