Mércores, 19 de novembro do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

A revista Retranca volve á carga co seu número 2  Correo-e
lunes, 10 de diciembre do 2007

Image

Xa temos dende o mes de novembro en Galicia unha revista de humor ácedo. Ía facendo falta un ente capaz de meter caña con humor e por fin naceu a revista Retranca. O polivalente Kiko da SIlva (debuxante e escritor vigués afincado en Pontevedra) é o responsable de que esta idea apareza cada mes nos nosos quioscos.

Todos coñecemos a revista "El jueves" que tanta tirada no estado. Pois a Retranca parte da mesma idea para facer unha reflexión crítica sobre a actualidade galega. O primeiro número da revista, sacado o pasado mes de novembro, centrábase no feísmo urbanístico, un dos meirandes problemas do noso país, malia que haia xente que mira o feísmo como enxebrismo ou "bonitismo".

Nesta 2ª entrega a revista dá un pequeno repaso ao xornal A Nosa Terra, que precisamente acaba de saír á rede. Do meso, Retranca conta este mes con 8 páxinas máis do xornal que mellor limpa o chan: A NOSA PEDRA, ademais dunha nova sección do debuxante chileno Alberto Montt e un simpatiquísimo seguimento a fondo da Comisión de Investigación da Cidade da Cultura. Non ten perda.Image

NON QUEDES SEN ELA, RESÉRVAA NO TEU QUIOSCO!!!

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción.
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com