|
O pasado mércores 12 de decembro de 2007, Emilio Louro, máis coñecido como "Milucho", falaba con Fran Hermida na Radio Nordés sobre varios asuntos. A exclusión case que completa da costa galega como posible zona onde se implanten parques eólicos mariños, é unha moi boa nova para a pesca do noso país, segundo sinalaba Milucho. Estes parques provocarían o peche á pesca dunha zona bastante grande na Costa da Morte, e de alto valor pesqueiro, co que provocaría unha desfeita no sector de seguro. Só hai en Galicia dúas zonas que pasaron este estudio e que nun futuro poderán albergar parques. Unha zona é na Mariña lucense e outra sitúase en fronte de Baiona e A Guarda. Milucho rompe unha lanza, neste caso si, pola Xunta, que fixo a presión neesaria, alentada polos movementos do sector dende o ano pasado. Problemas dos parques eolícos mariños Os problemas de ditos paques son moitos. Como ben apuntaba Milucho, o desenvolvemento sostible e as enerxías renovables teñen que anteporse a todo, pero con sentidiño. E falamos con coñecimento de causa, nesta a nosa zona que conta cunha brutal praga de viraventos (alén da de eucaliptos, como apuntaba Fran) mentres os cortes na electricidade continúan sucedéndose (como ocorría onte mesmo, xoves 13, durante toda a tarde en Cee) e os prezos da electricidade son iguais que no resto do estado (dos que, por certo, o señor Fenosa sinala que son moi baixos, hai que ter...). O impacto paisaxístico tamén ha de terse en conta, así como que estamos nunha zona de paso migratorio de aves. Todo isto a maiores dos problemas que xeraría no sector pesqueiro. Novas relacionadas Fonte
|