|
Un novo proxecto trata de destruir o noso ben máis preciado, o patrimonio natural. Neste caso o Cabo Touriñán é o ameazado, por segunda vez, logo de ter evitado a implantación daquela macro-piscifactoría que Pescanova quería situar neste lugar de tanto valor ecolóxico. Os tempos cambian, non cabe dúbida. Daquela fora a Xunta a que máis se opuxera ao proxecto mentres os veciños e todos os grupos políticos muxiáns se manifestaban en favor da firma galega. A día de hoxe, media Galicia loita contra o Plan Acuícola por salvar ao noso litoral, e os políticos teñen que merendar as súas intencións, como ven se observa en Camariñas. Proxecto do parque eólico de Touriñán O pasado 2 de Nadal de 2007, ADEGA coñecía a resposta ás nosas alegacións contra os parques eólicos Muxía I e II, que pretenden instalar 76 aeroxeradores ao longo de 10 km de costa, dende Cabo Touriñán a Muxía. Vemos na imaxe virtual creada por Adega o bonita que quedaría a zona do Cabo, moi semellante á desfeita no Vilán. Ámbolos dous proxectos van supoñer unha brutal agresión a un entorno litoral de especiais valores naturais, con flora endémica e especies protexidas. Mesmo a consellaría de Medio Ambiente vai incluir esta área na vindeira ampliación da Rede Natura 2000. A respeito do impacto na avifauna, a empresa encarrexada do proxecto, manexa argumentos tan peregrimos como que as aves voan por onde non hai muíños ou que como unha especie é escasa, o proxecto non lle afecta. Vaites co "estudo" de impacto! Deste xeito, a declaración de ADEGA cara as autoridades di así: A vacuidade e inconsistencia dos argumentos presentados pola empresa para xustificar unha obra de enorme impacto ambiental, así como a ausencia de medidas correctoras, avala a petición de ADEGA para que a consellería de Medio Ambiente emita unha Declaración de Impacto negativa. Novas relacionadas Fonte
|