|
Onte, domingo 16 de decembro de 2007, celebrábase outro round do combate que Xunta e media Galicia costeira. Desta volta foron máis de 2.000 persoas as que se achegaron ata Merexo para alzar a súa voz e as súas mans contra o Plan Acuícola da Xunta. A Plataforma Veciñal de Merexo convocaba esta marcha, que incluía unha cadea humana, que chegaba a ocupar 2 km da estrada principal entre a zona coñecida como "O Muiño Vello" ata o lugar de "Os Castros". A implicación da xuventude nas protestas foi unha gran nova, e garante que o futuro da zona será ben custodiado polos nosos rapaces Cebolas ecolóxicas e agroturismo como medio de vida A Plataforma presentaba hai un par de semanas un proxecto alternativo e moito máis sostible para eses devanditos 270.000 metros cadrados da zona de Merexo onde a granxa piscifactoría quere ser construída. A creación dunha boa horta de cultivo ecolóxico de cebola, dada a calidade da cebola da zona, semella unha solución moito máis intelixente que o que ofrece a Xunta. A Plataforma facía entrega durante a manifestación de bolsas con cebolas da zona para que a xente comprobara a calidade do produto. Merexo ten claro por onde quere levar o seu desenvolvemento. A produción ecolóxica de cebola poderase compaxinar cunha política que fomente o agroturismo na zona. Ambas alternativascontan cun estudio de viabilidade profesional e económico que reflicte a gran sostenibilidade ambiental e rentabilidade económica que non deixa lugar a dúbidas. A Xunta segue adiante co Plan O pasado 10 de decembro, a Consellería de Pesca comprometíase a aprobar o polémico Plan, que xa conta con máis de 1.000 alegacións na súa contra, dato que o director xeral de Recursos Pesqueiros, Antonio García Elgorriaga, non considera significativo. Todo isto mentres a propia Consellería de Pesca publica os gastos de limpeza das rías: nada menos que 15 millóns de euros, cos que a Xunta indemniza aos pecadores que non poden faenar pola contaminación. Está claro que non son as granxas as únicas contaminantes do litoral, pero a base de pouco se chega ao moito. Novas relacionadas
|