|
O proxecto Mar de Lira, da confraría de pescadores de Lira, non para de recibir loubanzas e premios. Desta volta trátase do 2º premio da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agade r). Estos premios entréganse as mellores iniciativas rurais e pesqueiras que fomentan o desenvolvemento sostible dunha zona. Mardelira é unha iniciativa que nace na Confraría de pescadores de Lira co obxectivo de dinamizar o contorno social da comunidade pescadora de Lira e dar a coñecer a complexidade do mundo da pesca e do mar ao conxunto da sociedade. Milucho acolle o premio con satisfacción O secretario da confraría de Lira, Emilio Louro, Milucho, asegura que este premio é unha gran satisfacción, ademais de recordar que se trata dun recoñecemento a unha iniciativa sostible e que xenera dinamismo na zona. O premio consiste nun recoñecemento institucional e nunha aportación económica de 14.000 euros. O primeiro premio foi para a cooperativa Verín-Biocoop, o terceiro para “Delicias do Souto S.A”. Pesca Deportiva Sostible A última posibidade que ofrece Mardelira é a Pesca deportiva sostible, que vai dirixida á xente que quere desfrutar deste tipo de pesca. Esta nova actividade nace coa intención de realizar este deporte tentando promover actitudes de coidado e respecto polos recursos e polo medio mariño, facendo ver que é posible e necesaria unha pesca deportiva sustentable. Novas relacionadas Máis información
|