|

Esta semana damos unha volta polo patrimonio histórico-cultural da nosa bisbarra, que daría para varios libros. Xa visitábamos unha anta, a Casota de Freáns, para lembrar un pouco a nosa riqueza en termos de megalistismo. Así, os castros son outros dos valores que fan da nosa bisbarra, como Galicia en xeral, un lugar especial. Situado no actual Concello de Cabana de Bergantiñoss, é coñecido como A Cibdá (cidade en castelán antigo), e é un dos castros máis antigos de Galicia. Estivo habitado entre os séculos VI a. C. e o I d.C., finais da Idade de Bronce, e parece que a vida desapareceu pouco a pouco, non de xeito repentino. Descuberto en 1924 por Parga Pondal e Pérez Bustamante, este castro comezouse a excavar nos anos 30 por parte de S. González García-Paz. Logo de traballos de excavacións polos 70, a estas altuas os traballos seguen a sucederse excavacións. Alá polo mes de outubro remataban uns traballos no barrio de extramuros, onde se atoparon unha entrada máis primitiva pola parte e abaixo, ademais dunha estrutura de baños a vapor, vamos, case que unha sauna prehistórica. Os rapaces da bisbarra teñen a posibilidade de visitar cos seu colexios o castro, nunha inciativa estupenda para achegar o valor patrimonial aos máis pequechos. Mesmo cando estaban a realizar as últimas bras de excavacións, os rapaces podían velas e preguntar aos arqueólogos cales eran as claves das excavacións. A ruta arqueolóxica por Borneiro O Concello de Cabana preenta unha preciosa opción para coñecer as zonas máís arqueolóxicas do concello disfrutando ao tempo da natureza. Este roteiro pasa pola vergonza do dólmen de Dombate, que leva máis de 20 anos cunha boina de tela e formigón. Os 10 km do roteiro, que se recorren perfectamente en 3-4 horiñas, permiten deixar o coche e recollelo no mesmo punto xa que se trata dun camiño circular. O roteiro empeza no aparcamento do castro A Cidá e sobe ata o Mirador da Fernandiña «onde hai unha das mellores vistas da ensenada da Insua». A seguinte parada permite ver o castro ou Castelo de Borneiro, para chegra ao cruceiro do Sacramento e a igrexa de San Xoán de Borneiro, datada entre os séculos XVI e XVII. Cun pequeno desvío tamén poderá verse a capela do Briño e xa de novo na ruta os camiñantes chegarán ao dolmen de Dombate. Repasado o monumento funerario e sen perder de vista as sinais, a ruta leva ata o Rego dos Muíños do Roncaduiro e, finalmente, voltamos ao castro A Cidá de Borneiro, un dos poboados prerrománicos mellor conservados. Como chegar O Castro atópase a man esquerda, 500 metros despois de Baio pola estrada LC-430 que sae cara Ponteceso. Máis información Outros recunchos da Costa Novas relacionadas Fonte
|