|
Unha das maiores desfeitas deste 2007 ocorría no nosa bisbarra. O encoro da Fervenza sufría unha seca que non recordábamos e deixaba imaxes propias do sur do estado e mesmo da áfrica subsahariana. Non lembrabamos por aquí unha seca tan voraz. A realidade é que as chiovas brillaron pola súa ausencia e todos os encoros do país están a ter problemas, mais en ningún caso tan extremos como na Fervenza. As choivas seguirán sen aparecer, ou eso parece, mentres Medio Ambiente apunta que os niveis son baixos, pero que non é tan anormal, que en anos pasados asituación foi semellante. O caso do encoro da Fervenza é especial, de todas a todas. A desfeita ecolóxica do pasado 11 de novembro de 2007 deixaba un ristra case incontable de peixes mortos. Falaban de 1.500 pero o nœmero é de seguro moito maior. As responsabilidades aínda non están botadas, pero os culpables poden sinalarse claramente. A señora Ferroatlántica non poderá salvarse das acusacións de mala xestión do encoro, e a Xunta tampouco de falta de control e supervisación. O conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, asegurou que a Xunta non doblará o xeonllo fronte a Ferroatlántica, e por fin, acusaba directamente ao PP de ter concedido o control dunha xeira de encoros que nos privan dun tesouro que non se pode valorar en cartos, como é a fervenza do Xallas, a única de Europa que cae, ou caía, directamente ao mar. Poucos problemas de abastecemento de auga na bisbarra Mentres o encoro da Fervenza segue por debaixo do 2%, o de Santa Uxía do ƒzaro, o que está río abaixo xusto enriba da fervenza do ƒzaro, continúa case que a reventar. Curioso feito, sabendo que este se utiliza para a produción hidroeléctrica, dadas as características da zona que permiten realizar unha caída de auga moi grande. Todos vemos ben eses horrorosos tubos grises que trepan polas rochas de enfronte do Pindo devaluando enormemente a paixase dun lugar incrible, dos máis bonitos de Galicia, ao parecer do que escribe. Ferroatlántica apunta que non produce electricidade dende hai tempo, pero as actividades de baleirado que provocaron a catástrofe van traerlles moitos problemas. I é que a empresa do señor Villar Mir tería que ter avisado cun mes de antelación fronte calquera maniobra de baleirado total e parcial. Unhas obras no fondo do encoro poderían ser a causa, pero a empresa négao en rotundo. Que vai dicir. Agardemos sacar algo positivo de todo esto, e que Medio Ambiente tome cartas no asunto como asegura Vázquez. Levamos anos pedindo que nos devolvan a fervenza, que cando menos cubran ou camuflen os horrendos tubos da hidroeléctrica, que controlen máis severamente as accións da empresa que controla os encoros e que non lle concedan máis concesións, que 4 encoros e 8 minihidroeléctricas no curso de 9km do ría Xallas semellan suficientes. Novas relacionadas
|