Martes, 06 de xaneiro do 2009
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Un ano de loita contra o Plan Acuícola  Correo-e
lunes, 31 de diciembre do 2007

Image

Este 2007 remata cun dos problemas do ano en pleno apoxeo. A loita que o litoral galego está a realizar contra a Xunta para que esta reconsidere o plan acuícola está en plena efervescencia e semella que o final aínda anda lonxe.

A Xunta prometía neste decembro que para xaneiro o plan estaría aprobado, pero ante o movemento surxido en toda a costa galega, veremos se é tan sinxelo. A ampliación ou construción de 26 piscifactorías que contempla o plan está no punto de mira, e chegan e chegan protestas dende cada lugar onde se pretenen ubicar.

O obxectivo de manter a Galicia como unha potencia mundial de produción de peixe plano non satisface á poboación. Que gañamos nós con iso? É certo que sempre nos gusta ter "o máis de Europa" (a duna máis grande, a œnica fervenza que cae ao mar...) pero sempre con algo de sentidiño. O prezo que hai que pagar para seguir sendo unha pootencia mundial en peixe plano semella demasiado grande.

Pobo unido

O que si conseguíu o plan foi unir á bisbarra. De repente temos claro, polo menos, por onde non queremos ir. Temos que claro que o desenvolvemento da Costa da Morte non ten por que pasar por hipotecar o noso litoral a empresas norueguesas (e galegas tampouco, que a nosa costa vale moito máis).

En Merexo xa teñen claro cal pode ser o camiño. Produción ecolóxica de alimentos, como a cebola, combinada cun bo sistema de agroturismo é unha alternativa moito máis sostible e tan ou máis rentable económicamente que as piscifactorías.

Todos lembramos aqueles días con Pescanova no Touriñán, pero a estas alturas a conciencia social está moito máis desenvolta. Xa non nos engañan tan enormemente con esas palabras máxicas dos "postos de traballo", e non é porque non os necesitemos, senón porque xa nos decatamos que era un engano, que non era tan bonito como o pintaban.

Así, Quilmas, Seiruga, Merexo e a Camelle seguen en pé de guerra preocupados polo futuro da sœa costa mentres dende arriba andan a argallar como nola poden colar sen que se note moito. Temos que seguir facéndonos oír ben xuntos e ben fortes, superar todos os localismos que ás veces dificultan o deenvolvemento conxunto e mirar con ollos de Costa da Morte, non da miña aldea. Se non conseguimos ter esa visión conxunta vannos pasar por riba.

Novas relacionadas

Ligazóns de interese

Fonte

  • Redacción.
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com