|
Apuntabanos o alcalde de Cee, Ramón Vigo que a baleeira de Caneliñas era o seu recuncho favorito no concello de Cee. Alá marchamos pra corroboralo e a verdade é que topamos cun sitio verdadeiramente encantador. A pequena bahía de Caneliñas conta cun tesouro agora non recoñecido. A presencia hai anos dunha baleeira faina especial. A baleeira fora fundada alá polo ano 1927 e logo volveu a funcionar no 1954. As mulleres da vila descuartizaban as baleas que chegaban carro arriba pola plataforma, quitábanlles o cuiro e a carne e logo de carrexalas na cabeza, cocíanas para facer graxa. 
A día de hoxe a baleeira atópase abandonada, malia que varios grupos consideran oportuno recuperala para uso pœblico, en tanto que se atopa en mans privadas e pode ser un lugar onde a especulación faga estragos. O que semella triste é ver como o lixo se vai acumulando nas inmediacións da baleeria, e non queremos saber que hai dentro, porque pode haber ata baleas. 
Como chegarCollendo a estrada da Costa dende Cee cara Muros, deixando Ameixenda á esquerda mentres subimos unha boa costa que deixa tamén un precioso mirados á dereita, ao chegra ao curuto da costa hai un desvío a man dereita, sen sinalización. Hai que collelo e ir baixando de vagar porque hai unha pendiente ben seria. Ademais compre parar cada ratiño para ver as vistas aereas de ambos lados da baixada, xa que pola dereita vemos a ensenada de Caneliñas e á esquerda podemos ver a beleza da aldea de Gures (que vemos na foto). Baixando todo podemos coller á dereita e achegármonos á baleeira ou podemos coller á esquerda e imos parar a un miradorciño estupendo dende onde se ve a praia de Gures, sempre deserta e rodeada dunha morea de "colitros" mortos que a verdade non é o mellor fondo, pero non evita albiscar un sitio ben fermoso. Outros recunchos da CostaNovas relacionadasFonte
|