doMngo, 12 de outubro do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

O recuncho da Costa (XIII): As Pedras da Punta da Barca  Correo-e
sábado, 12 de enero do 2008

Image

Disque a Virxe rematara en Muxía nunha barca de pedra. Semella que tiveron algún problema, e se cadra trátase do primeiro dos millerios de naufraxios que a nosa Costa da Morte leva vivindo ao longo dos séculos. I é que aló embaixo do Santuario da Virxe da Barca, en Muxía, varias pedras están identificadas como partes daquela embarcación.Image

O Santuario

O Santuario comezou a construirse no 1717 e se inauguraba tan só 2 anos despois, de xeito que falamos dunha edificación do barroco compostelán do 1º tercio do século XVIII. A rapidez das obras viuse facilitada pola presencia dos sepulcros de dos Condes de Maceda. As pedras para a súa construción foron extraídas dunhas casas que había no lugar da lonxa vella, de xeito que o transporte era sinxelo.

As torres son moito máis novas. A última torre foi rematada no 1959. O interior ten varias xoias. Unha é a Imaxe gótica do séc. XIV, policromada e chegada de Carballo de 48 cm. Como curiosidade, a Imaxe presenta ao neno no brazo deireito da Virxe, algo nada habitual.

Pedra de Abalar

Embaixo do Santuario atopamos un complexo de granito con 5 pedras de particular interese. A máis coñecida, se cadra, pode ser a Pedra de Abalar. Hai varias pedras abaladoiras polo país, como a Pena da Conga (Melide) ou o Castro do Faro (O Porriño), pero a de Muxía é a máis mítica.

Estas pedras están apoiadas só en dous puntos de xeito que o centro de gravidade se pode modificar con facilidade. Así, aínda se usas coma lugar de rito de iniciación ou curación. Deste xeito, a tradición apunta que a Pedra de Abalar se intenta mover para que os teus desexos sexan cumpridos. Din que só os que teñan moita fe lograrán movela.

A pedra, que está considerada un bo cacho do casco da barca, utilizábase de xeito pagán coma xuiz. Antigamente, a pedra utilizábase para xulgar, de xeito que se a pedra se movía, o xulgado era considerado culpable. Esta tamén se utilizaba en relación coa pedra dos Namorados, que logo comentamos, e que supoñemos que sería para ver se os deuses aceptaban ou non un novo matrimonio.Image

Pedra dos Cadrís

A outra pedra máis emblemática da zona. A tradición dita que se debe pasar 9 veces por debaixo (dende a parte de atrás cara a rriba e polo oco da esquerda seguundo vemos a foto) para se curar dos problemas de rile e de lombo. Considérase que era a vela da barca que trouxo a Virxe. Ambas pedras están no medio do conxunto e son de fácil identificación.

Image 

Pedra da Cabeza

Esta pedra está situada na parte dereita se miramos o conxunto dende o Santuario. Fácilmente identificable polo seu curioso buraco e pola cruz que ten pintada. Un deberá meter a cabeza, a modo e facendo un xesto dende abaixo cara arriba, ao tempo que pide un desexo e agarda que se lle curen todas as doenzas.

 Image

Pedra do Timón

Como ben di o nome, está considerada o timón daquela barca. Ten moitas connotacións cristiáns. Máis difícil de distinguir, a pedra atópase na parte dereita do conxunto, un pouco menos canda o mar ca da Cabeza.

 

Pedra dos Namorados

Situada na parte esquerda do conxunto, escondida detrás dunha rocha grande, atopamos un recunchiño precioso para levar á parella (a pesar do frío, do vento e de que as olas pódente levar). Unha cara formada pola erosión na rocha, semella mirar cara o mar, é o testigo do lugar onde as parellas xuraránse amor eterno. Non ten connotación relixiosa.Image

Como chegar

Logo de atravesar toda a vila de Muxía hai que tirar ata o Santuario da Virxe da Barca. Existe unha boa sinalización da zona, non hai perda.

Outros recunchos da Costa

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción.
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com