|
A Retranca saca o seu terceiro número |
Correo-e
|
|
domingo, 13 de enero do 2008 |
|

O terceiro número desta noviña pero interesantísima revista de humor ácido sobre o noso país íntegramente en galego xa está na rúa. A verdade é que será difícil atopalo pola bisbarra, pero sempre haina na Coruña (na mesma estación de bus, onde disque que cada mes chegan a vender máis de 30 unidades) ou en Santiago. Así que xa lla estamos encargando á compañeira de turno que pase de cando en vez por calquera das cidades. Este novo número de reflexión crítica sobre a actualidade galega, toca o tema do señor Tren de Alta Velocidade que tanto quebradeiros de cabeza trae por estas latitudes. Así, comentan na súa páxina web revistaretranca.com, o número está adicado a Ministra dos buracos de Barcelona Dora, a tuneladora... que nos fixo unha visita aos galegos esta semana pasada para deixarnos moi claro que a Lei de Memoria Histórica non serve para nada... xa que seguimos sen verlle nin unha pluma ao AVE!!... UN NÚMERO VELOZ PARA LER AMODIÑO, E SEN INFLACCIÓN NO SEU PREZO!!!. Máis información Novas relacionadas Fonte
|