|
Mentres os veciños da bisbarra xa non pican ante as tres palabras máxicas (postos de traballo) e non aceptan de ningún xeito que se planten piscifactorías non seus terreos, os políticos e gobernantes non teñen todas consigo e non rechazan de xeito tan frontal a aprobación do plan. Levamos vendo ao longo do pasado 2007 como todo o litoral galego, e non só os afectados polas ampliacións ou construcións das novas granxas, atópase radicalmente en contra das 26 novas pisciafctorías (de nova construción ou ampliadas), mais os gobernantes da nosa bisbarra non acabar de estar do lado do pobo e sinalan que se cadra pode ser positivo para o seu concello a presencia do señor Stolt Sea Farm na súa Costa. Entrementres o PSOE da Costa Atlántica, que conta coa deputada camariñana Marisol Soneira, maniféstase completamente a favor do plan e considera que a oposición que está a recaudar débese «á burda manipulación informativa que algúns autodenominados ecoloxistas están transmitindo á cidadanía». Carnota Carnota é un dos concellos onde o Plan está en boca de todos. As actividades da Plataforma pola Defensa do Patrimonio Cultural de Quilmas repítense a cotío mentres dende o concello, como nos informaba a teniente de alcalde, apuntan que a ampliación da piscifactoría de Quilmas pode ser compatible coa conservación da natureza. Ademais lembrábanos que sendo a periferia de todo, poucas industrias queren instalarse por aquí, e os postos de traballo son necesarios para o noso desenvolvemento. A teniente de alcalde insta a todos os propietarios a que non regalen as súas terras deixando unha interrogante ante o proceso de expropiacións que a Xunta acomete. O que non entenden dende o concello é que a Plataforma non tivera solicitado unha reunión cos gobernantes, sinalando que nunca se lle negou unha entrevista a ninguén. Así, apura aos vocerios da Plataforma a achegarse ao concello co gallo de explicar os datos que teñen recollido, e que dende o concello só saben polas píldoras que van deixando pola prensa. A teniente prantexa a pregunta de cal eran as intencións reais da Plataforma, e invita á plataforma a pasar polo concello para comparar datos e establecer contactos. O único dato real que temos é que a Reserva Mariña de Lira está situada xusto á saída das tuberías da piscifactoría de Lira, e as augas están máis limpas que en ningures, segundo apuntan aqueles informes. Deste xeito, se cadra sería interesante que Concello e Plataforma estableciesen algún tipo de contacto, que abofé será complicado chegar a acordos facilmente, mais por algún sitio hai que comezar. Vimianzo O PP de Vimianzo sinala claramente a súa oposición ao Plan Acuícola levado pola Xunta, sempre recalcando que non se opón á necesidade de fomentar a piscicultura como industria que pode fomentar o desenvolvemento na bisbarra. Tamén denucia o PP a situación de indefensión dos veciños da parroquia de Carantoña-Vimianzo, que foron ignorados desde un primeiro momento pola Consellería de Pesca, no proxecto acuícola de Xandriña, recordando que este plan afecta a zona de Sabadelle, no treito costeiro de Vimianzo. No seo do PSOE, logo do pleno, as cousas andan revoltas. O alcalde e tres concelleiros socialistas apoiaron a moción do PP de solicitar a consellería de Pesca que retire do plan acuícola a construcción da piscifactoría de Xandriña, mentres que a voceira do grupo socialista e concelleira de Cultura, Nieves Lema abstívose na votación. Camariñas En Camariñas si que está quente o asunto. Lembramos a xuntanza do pasado mes de novembro one políticos e veciños case chegan aos mans. Aquel día o alcalde instaba aos veciños a propoñer un modelo de desenvolvemento para o concello e para a bisbarra. Camariñas prefire continuar coa Pesca tradicional e fomentar o Turismo Rural, iso semella claro. Pola súa parte o PP camariñán propuxo no seu día a reubicación da pisciafctoría da Xandriña, que ao estar xusto enfronte do núcleo de poboación, provoca serios problemas, non só para a poboación senón para os propios recursos pesqueiros e marisqueiros desta zona da costa. O asunto é, onde non causaría problemas ante iso? Muxía Os veciños de Merexo si que o teñen claro: cebola ecolóxica fornte a peixe plano. Dende a plataforma Merexo non se vende levan loitando con tódolos medios contra o Plan (na imaxe da dereita vemos a cadea humana que formaba a vila o pasado 16 de decembro). Apoiando á Plataforma pola Defensa do Patrimonio Cultural de Quilmas (na imaxe da esquerda vese a zona de Quilmas dende O Pindo) e aos veciños da Xandriña, Merexo está en todas as esquinas da bisbarra para alzar a súa voz contra a empresa norueguesa e contra o Plan da Xunta. O seu alcalde, o socialista Félix Porto está entre a espada e a parede. Nun alarde de diplomacia, Porto non se molla de todo. A pesar de partir a favor do Plan dende o inicio, Porto sabe escoitar as demandas dos seus cidadáns e xa se manifestou radicalemente en contra do impacto visual e das expropiacións. Porto recorda que a vila conta cun descenso poboacional ben serio. Máis de 1.000 persoas menos que hai 10 anos están censadas no concello, nun problema moi grave que atinxe a toda a bisbarra e a toda Galicia. É o Plan unha solución ao éxodo rural que a sociedade globalizadora obriga? Malpica Malpica pasa por ser o único concello onde veciños e gobernantes están en sintonía en contra da instalación da nova planta de Seiruga. Os 5 grupos políticos escoitando a sabia voz do pobo, xa teñen manifestado públicamente o seu total rechazo ao Plan, apoaidos por outras institucións como a asociación ecoloxista Verdegaia ou a Plataforma veciñal Seiruga Limpa. Corcubión O alcalde do BNG Rafael Mouzo sinalaba que estaría encantado de albergar unha nova planta na zona do Cabo C, preto do campo de fútbol, pero que descoñece as intencións da Xunta. Mouzo sinalou que os informes que hai sobre o proxecto son favorables, e polo de agora non hai oposición dende ningún lugar do concello. Abofé que chegarán. Novas relacionadas Fonte
|