Martes, 06 de xaneiro do 2009
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

O Talía Teatro abrirá os Sábados en Familia de Cee  Correo-e
jueves, 17 de enero do 2008

A Concellería de Educación, Cultura e Deporte do Concello de Cee ofrécevos unha nova proposta lúdico-cultural para a tarde-noite dos sábados do primeiro semestre do 2008. Trátase do programa “Sábados en familia”, no que terán cabida espectáculos de moi variado estilo pero cun denominador común: aptos para todos os públicos. Queremos dicir con esto, que son espectáculos para disfrutar xuntos, os pais cos fillos, os avós cos netos… buscando que pasedes unha velada agradable, divertida e, ademáis, educativa nalgúns casos.Image

Talía Teatro abre o ciclo

Esta fin de semana dá comezo o espectáculo. E quen mellor que o Talía Teatro, recén chegados do París. A función será o sábado 19 de xaneiro de 2008 ás 20:15h no Salón de Actos do Concello, que se atopa entre a Rede Galega de Teatros e Auditorios de Galicia. A obra que presentará o grupo dirixido por Artur Trillo será "Mundos contados", da que esta é a sinopse:

Din que cada persona é un mundo, pero Samba, a nosa protagonista, garda varios mundos dentro dela. Din que a Terra tamén é un mundo, pero se nela viven milleiros e milleiros de persoas, en realidade a Terra son milleiros de mundos diferentes. De entre todos eses mundos, Samba vai escoller uns poucos para contarnos as súas historias. Son, polo tanto, mundo contados, mundos que existen, dende hai moito tempo. Algúns permanecen, outros non. O que si conservamos son os seus contos. Xa se sabe, mentras hai memoria… hai experanza. Un espectáculo que tenta reflexionar sobre a diversidade cultural do planeta.

Información sobre o ciclo

Para facilitar o acceso de todos a este programa, os prezos da entrada aos diferentes espectáculos contan con importantes descontos e bonificacións:

  • Entrada público adulto: 2, 5 € (agás os espectáculos “Arte” e “Anfitrión”: 3,5 €);
  • Entrada público infantil e adulto (pensionista): 1, 5 € (agás os citados espectáculos : 2 €);
  • Ciclo de documentais: entrada gratuita.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Concellería de Educación, Cultura e Deporte.
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com