Martes, 06 de xaneiro do 2009
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Mellora o encoro da Fervenza e xa chega ao 33%  Correo-e
viernes, 18 de enero do 2008

O último boletín hidrolóxico de Augas de Galicia data do pasado luns 14 de xaneiro de 2008. O encoro da Fervenza contaba a ese día cun 21% de capacidade de ocupación. O temporal que leva azotando a bisbarra si está axudando a recuperar paulatinamente o nivel das augas.

Segundo confirmaba en Radio Nordés o director da división de enerxía de Ferroatlántica, Román Lozano, o encoro estaba a día 16 de xaneiro, dous días despois do boletín da Xunta a un 33%. Lozano aseguraba que as choivas dos últimos 15 días foron maiores que nos últimos 6 meses.Image

Así, parece o encoro se recupera algo da seca. Dende o pasado 2 de xaneiro, cando o encoro marcaba aínda un desolador 3.36% de ocupación, o encoro está a recuperarse dun xeito importante. Un aumento do case do 30% en apenas 15 días o reafirma.

Apertura das portas da fervenza

O encoro río abaixo do da Fervenza, o de Santa Uxía do Ézaro, en ningún momento se atopou en perigo de sequía. Todo o contrario, cando aquel 12 de novembro do pasado ano, a Fervenza marcaba un rotundo 0.0%, o seu veciño de abaixo estaba a un 94,93%, reflexando os intereses da empresa concesionaria, Ferroatlántica.

Cabe lembrar que dito encoro é o utilizado para o abastecimento de augas dos concellos de Cee, Corcubión, Fisterra e Dumbría, co cal debería ser o que primeiro ficase seco. Alén disto, o encoro utilízase para a producción de electricidade nas minicentrais que a empresa Eléctrica del Jallas, tamén de Villar Mir, explota na preciosa paraxe da fervenza do Ézaro.

A fervenza foi aberta o pasado martes para liberar un pouco o caudal no encoro de Santa Uxía, espectáculo do que estamos privados arredor de 350 días ao ano. Unha pena non ter pasado por alí por casualidade, porque enterarse non era moi sinxelo.

Novas relacionadas

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com