|
O concello de Coristanco non ten mar, ocupa un terreo de transición entre as montañosas terras do Xallas e o val do río Anllóns. E ese é o seu tesouro. O río Anllóns deixa zonas de verdadeira beleza. Un dos mellores exemplos é o área de Verdes, unha antiga zona de muíños que se aproveitou, como outras moitas, como area recreativa. Pero aquí o caprichoso río Anllóns xera formas, caídas e imaxes inimaxinables. O río sepárase e xúntase e o auga aparece e desaparece por todas as esquinas. 
Ademais a rehabilitación da zona conseguíu deixala realmente integrada na paraxe natural. Temos visitado praias fluviais e áreas recreativas nas que hai máis cemento que pedra, perdendo así o encanto que precisan para seren acolledoras. Cómpre utilizar os recursos que xa había antes que o área para deixala perfecta. Aquí, en Verdes, mesmo se rehabilitou unhas casiñas con baños (de cagar de pé, iso si, e con auga natural correndo) ou lavadoiros para os cacharros. As mesiñas, todas de pedra, e as grelladas están completamente envoltas na paisaxe, e mesmo fican fermosas. A paraxe natural é incrible. A cor ver vermella das rochas pola ferruxe das augas, as caídas de auga por todos lados, as pequenas pontiñas de pedra, os muíños rehabilitados cos seus canaliños... unha verdadeira marabilla.
Como chegar Así como imos cara Carballo dende Coristanco pola AC-552, nada máis saír da rotonda do Carrefour, collo unha estrada cara a esquerda. Hai que seguir esa estrada durante uns 10 minutos, pasar a Erbelleria, e un pouco máis alá hai un desvío estreitiño cara a esquerda indicado como Coto de Pesca de Verdes. Outros recunchos da Costa Novas relacionadas Fonte - Fotografía de Jesús Vázquez García.
|