|
Máis de 1.000 persoas manifestáronse en Malpica contra a piscifactoría de Seiruga |
Correo-e
|
|
martes, 22 de enero do 2008 |
|
Xentes de toda a Costa da Morte xuntáronse en Malpica o pasado domingo 20 de xaneiro de 2008, para berrar con forza contra o Plan acuícola e máis concretamente contra a granxa que se pretende construir en Seiruga. Máis de 1.000 persoas non pararon de berrar frases contra a Xunta, as empresas estranxeiras, e en favor da defensa do noso litoral. Mesmo a orquestra Trébor tivo que agardar ata que os representantes das plataformas que tomaran o palco para ler os manifestos. Cánticos como "O rodaballo que o metan no carallo", ou "A costa galega non a importarán", reflicten con claridade o pensamento de boa parte da bisbarra. Houbo para todos, case non se salvou ninguén. "Camelle non se vende", "Pichurri dimisión", "Onde está Touriño, está no mal camiño", "Touriño escoita Merexo está en loita"... e así unha morea de berros de clara disconformidade coa política acuícola da Xunta, que en teoría, e como apuntaran hai pouco, pretendía aprobar definitivamente o plan para este mes de xaneiro. Semella que aínda non se atreven. Manifestación en Santiago A Plataforma pola Defensa do Patrimonio Cultural de Quilmas segue a berrar "Non á piscifactoría de Quilmas". O mesmo ocorre en Merexo e na Xandriña. Así todos xuntos acodirán a Santiago o vindeiro 17 de febreiro de 2008, onde dende a Alameda, sairá ás 12:00 unha marea humana en contra do Plan. Arriba vemos na imaxe como quedaría zona carnotana unha vez rematada a ampliación da piscifactoría de Quilmas. Novas relacionadas Máis información Fonte
|