|
A Asociación de Veciños A Pergoliña de Camelle, que mesmo ten creado un blog (axandranonsevende.blogspot.com) para meter toda a presión posible para evitar que constrúa a piscifactoría da Xandriña, quere deixar claro certos puntos sobre a súa actitude. Chegaron á prensa certas acusacións de "primitivismo" que non se corresponden coa realidade, nin que o único progreso fose a acuicultura. Así, ademais da carta aberta publicada en dito blog, A Pergoliña presentaba, iso si, fóra de prazo, as alegacións pertinentes ao Plan Sectorial de Parques de Tecnoloxía Alimentaria, máis concretamente ao proxecto do parque número 16, o do lugar da Xandriña. A asociación acusa de desinformación ao concello así como á falta de infraestruturas tecnolóxicas para consultar o DOGA, i é que nesta bisbarra ter internete é todo un luxo. A asociación fai súas as alegación que ADEGA presentara o pasado 2 de febreiro de 2007. Alega que parte do parque ficará dentro da Rede Natura 2000, lembrando que a granxa que Pescanova quería implantar no Cabo Toutiñán foi rexietada precisamente con iso (veremos que pasa agora por alí cos muíños). Outros temas baséanse na incomprensión das facilidades que dan as administracións para estas empresas de fóra, mentres que calquera iniciativa popular nunca é escoitada en serio. Por non dicir que o concello de Vimianzo só ten saída ao mar pola parroquia de Carantoña, encadrada no zona do parque. Tamén moi pretiño de Sabadelle e no interior do parque perduran os restos das primeiras casas de Camelle que según consta en documentos oficiais datan do século XVI. Ademais as puntas de A Falsa, O Cabezo, Sabadelle e o coído da Señora, afectadas polo parque son zonas de alto valor productivo de peixe e marisco (en especial do percebe,camarón e centola), que como a administración sabe e o principal motor económico da vila camariñá. As expropiacións son outro dos asuntos que enche de rabia aos veciños. Os propietarios das leiras non queren negociar e non venden ás súas leiras ó proxecto referido. En canto a creación de emprego, comprobado está que xeneran escasos postos de traballo para xustificar a súa existencia, e a repercusión económica na zona e máis ben escasa, o caso témolo na macropiscifactoría de Vilán que escasamente creou 30 postos de traballo. Un só barco de baixura dos que consta a nosa flota crea arredor de 10 postos de traballo. O coidado do medio ambiente tamén aparece entre as preocupacións da asociación xa que xa puidemos comprobar como os verquidos de sustancias, como toxinas e antibióticos, superan o 300% do permitido pola lexislación vixente, ademais de non empregar depuradoras de auga para a saída o mar utilizando osíxeno líquido para remexer os residuos. Carta aberta da asociación A Pergoliña de Camelle Dende a AAVV A Pergoliña de Camelle queremos contestar a todas as alusións das que vimos sendo obxecto nos distintos medios de comunicación. Critícasenos dicindo que estamos en contra do progreso porque non queremos unha piscifactoría en Camelle e nos dicimos que non estamos en contra del pero si en contra da maneira que ten a Xunta de impoñernos pola forza unha piscifactoría na porta das casas. No caso da Xandriña miremos dende calquera ventana, pasaremos de ver unha paisaxe verde a depositos de hormigón coa conseguinte depreciación que sufrirá Camelle polo impacto paixasístico. Cando en Camelle se destapou o plan a xente non o creía pois dicia que non podía ser que se expropiara as terras as clases mais desfavorecidas, herdadas dos seus antepasados ou compradas con moito esforzo, para darllle unha concesión a unha empresa privada que ademáis é subvencionada cos nosos cartos nun 50% ou máis. A xente entende a expropiación para unha escola, un centro de saúde…. E bos ejemplos de que así o entenden temolos en Camelle, poi voluntariamente deron os terreos para a Casa do Mar. Escolas, Campo de futbol ( que por certo enterámonos que o cura o rexistrou en nome do Arcevispado , pero este é outro tema que se tratará no seu momento). Aproveitamos este espazo para dicirlle algo a unha sra. Política que últimamente aparece moito na prensa pero non aparecía tanto por Camelle no momento que tiña que facelo para informalo. En canto a acusacións desta parlamentaria: En primeiro lugar en canto a acusación que se fai por parte da sra. Parlamentaria ao decir q o pobo de Camelle está sendo manipulado por uns cantos, temos q decir que iso é un insulto a intelixencia dos camelláns , por que son suficientemente intelixentes para pensar por si mesmos ( a piscifactoria é unha aberración) e non son marionetas que podemos manexar como fai vde. Cos membros do Goberno municipal de Camariñas. Aos membros da directiva da AA VV “ A Pergoliña” non nos move ningún interes económico nin político, tan solo un interes social ( que non é o mesmo ca socialista), e de defensa do legado dos nosos antergos e do que lle temos que deixar ás futuras xeracións. Os únicos que enganaron, manipularon, mintiron e actuaron dunha maneira oscura foi o Goberno de Camariñas, pois cando esta asociación destapou o plan que queren levar a cabo dixeron que eran falacias duns cantos. Máis tarde recoñeceron a evidencia pero eles defendense das acusación do pobo de que non os avisaron a tempo para facer as alegacións a dito plan, en tempo e forma, dicindo que non superon nada nese momento, a pesar de que lles foi remitida unha copia completa do plan. En 2º lugar, vostede díxonos en novembro que si a maioría non vendía cando cegasen as cartas vde se poñeria de lado, sen embargo en declaración ao Correo di que no caso de Arou e Merexo si a xente non vende non hai problema porque o que merca é a empresa, pero no noso caso aínda que non se venda poderá pasarse a unha expropiación forzosa, e si o plan se aproba a delimitación da xandriña quedará nun futuro afecto a construccion dunha planta acuícola, punto no que esta sra entra en contradiccions. En 3º lugar, en canto di que a xunta directiva desta asociación está conformada un 90% por xente do BNG (imos regalarlle unha calculadora para saber achar porcentaxes xa que vemos doutra maneira non sabe) temos que dicirlle que o único do BNG e que foi candidato a alcaldía de Camariñas é Luís Suárez, o noso presidente da Asociación, e neste caso está a defender os intereses do seu pobo e non de partido; tamén hai unha vocal que milita no PSOE e os outro membros terán cada un a súa idea e votará a quen lle pete en cada momento. Por último en canto o que di de que mintimos cando dixemos que ian a pagar a 1 € o m2 eso é unha falacia pois nunca dixemos ningun prezo pois non sabemos cal é. vde di que a 5€ pero non se da conta de que en Camelle o problema non é de que paguen a 1, 10 ou 50 € m2, non é un problema de cartos senon de dignidade; vde pensa que nesta vida todo é os cartos pero non é asi, o que si temos claro e vde dao a entender que hai moita xente en política so para asegurarse un porvir económico e non para defender ao pobo dende aquí recordamos que o pobo é soberano, da e tamén quita o poder. O goberno anterior non escoitou e xa viu o que lle pasou e vdes seguen na mesma. Non será que vde se cree unha deusa do Olimpo e lle moven máis as razóns de deixar unha obra maxestuosa coma os faraóns a costa dun pobo? Xunta Directiva da AAVV “ A Pergoliña” de Camelle. Novas relacionadas Fonte
|