|
Dende o 1 de febreiro ás 12:00 horas a Radio Neria estreará nova programación con novos colaboradores, así Maruxiña dos Queixos, A Gaveta, Quedamos na Lobería, Femenino Plural, No bico un Cantar, Realidade e soños, A caixa de Pandora, Zona Dance, Estilo libre, Revolución Rock, O acantilado, No Intro, Concursos, O Matinal da Costa entre outros serán os programas que tratarán de diversos contidos. Tamén temos a punto un programa de cociña con Víctor Trillo, outro de temática náutica en colaboración co Clube Marítimo Carrumeiro, e colaboracións con ASPADEX e o C.E.I.P. Praia de Quenxe de Corcubión. Queres participar? Aqueles que queiran colaborar na Radio Neria facendo un programa ou doutro xeito tan só teranse que pasar polo Concello onde se lles indicará qué teñen que facer; ó resto invitalos a que escoiten a Radio Neria no 107.8 da F.M. Dende esta Concellería agradecemos a tódal@s colaboradoras/es que traballaron e puxeron o seu gran de area tanto nos inicios, outras etapas, coma agora nesta nova andaina da Radio Neria, facendo unha radio para onde tod@s teñamos cabida. Será pois un medio de carácter local que nos axudará a coñecer de primeira man o que acontece principalmente na nosa bisbarra, con protagonistas que todos coñeceremos, un medio para pasar un rato agradable o carón do transistor. Para máis información diríxanse as oficinas municipais ou a Concellería de Deportes. Problemas de emisión da radio Nordés Entrementres, Radio Nordés segue cos seus problemas con Telefónica, e esta fin de semana continuaron os problemas coa liña RDSI contratada coa macroempresa, que como comentaba Fran Hermida, debde ter demasiadas cousas que facer para solucionar os problemas da nosa bisbarra, que sempre quedan para o final. I é que xa estamos fartos da política do parche. Novas relacionadas Fonte - Nota de prensa da Concellería de Deportes, Mocidade, Festexos e Participación Cidadá do Concello de Corcubión redactada por Francisco Javier Domínguez Traba.
|