|
A Federación de Empresarios Productores Lácteos (FEPLAC) aseguraba o pasado luns 28 de xaneiro de 2008 en Radio Nordés, que o reparto gratuito da cota láctea non é unha medida innovadora. Todo isto vén das declaracións da ministra de Agricultura nas que vendía como innovadora a medida para as xerais de marzo, reflexando a política de oferta sen sentido que todos os partidos políticos realizan cando se achegan as eleccións. Un pouco de sentidiño si mostraba o conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, que foi o que apuntou esta mentira por parte da ministra. Deste xeito propio directivo de FEPLAC, José Manuel Fernández, asegurou que a súa empresa de Mazaricos xa recibiu o ano pasado cota gratuíta. A estabilidade dos prezos Con todo, segundo a FEPLAC asegura que o punto máis importante é que o se manteña o prezo do leite. Porque haia máis cota non se vai producir máis, o importante é que os prezos non baixen non se vai producir máis. Ademais a subida do leite, do cereal, do gasóleo... fai que cada litro saia máis caro ao produtor. Un punto importante que pide a FEPLAC é que a cota se reparta ao inicio da campaña, xa que doutro xeito sería imposible sacarlle o rendemento oportuno. De feito, sinalan que o prezo do leite ten que aumentar cando menos 0,03 euros por litro, xa que os costes de produción non paran de subir situándose así arredor dos 0,52 € por litro. Nova concentración parcelaria Dende a propia FEPLAC apuntaban posibles solucións para que a produción na bisbarra non descenda. Alén do rexeitamento dun exceso de intermediarios, que sempre sacan máis que ninguén encarecendo o produto sen producir nadiña, unha nova concentración parcelaria sería moi positiva para o aproveitamento real das terras da bisbarra. Do mesmo xeito, Fernández mostrábase atento á evolución do Banco de Terras de Galicia (Bantegal) na nosa bisbarra, onde os concello de Mazaricos e Santa Comba xa se incluíron nas zonas de interese agrario. Novas relacionadas Máis información Fonte
|