doMngo, 14 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Medio Ambiente quere recuperar Caneliñas para o uso público  Correo-e
miércoles, 30 de enero do 2008

ImageA antiga baleeira de Caneliñas, situada na parroquia de Ameixenda, Cee, segue en mans privadas dende que no 1985 deixara de traballar. O grupo alicantino Lábaro, bastante coñecido xa por aquí, desgraciadamente, é o que ten en propiedade os terrenos, e non sería de estrañar que quixeran construir unha nova urbanización estilo marbellí.

Costas e o Ministerio de Medio Ambiente debe vixiar o dominio público-terrestre. Así, Costas prevé a compra dos terreos da antiga baleeira para recuperalo para o uso público. Dende o BNG de Cee congratúlanse de que a moción que presentaran aló por setembro de 2006, na que instaran á Demarcación de Costas de Galiza a que realizae as xestións oportunas para incorporar o solar ao dominio público, fora así de frutífera e que Costas asuma agora a responsabilidade de facerse cos devanditos terreos, igual que fixo hai pouco coa illa de Sálvora.

Un pouco de historia

Caneliñas acolleu ata mediados dos anos oitenta unha factoría baleeira. Esta industria, fundada no ano 1927, cesou a súa actividade co estalido da Guerra Civil e a II Guerra Mundial, retomando o seu funcionamento en 1954. Mais, as capturas sen control ao longo de moitos anos e outros factores económicos e biolóxicos fixeron que a Comisión Baleeira Internacional -reunida por primeira vez en 1946- propuxese unha moratoria para toda captura comercial de baleas, que entrou en vixencia en 1986 para evitar a matanza e extinción destes animais. Así, en 1985 a factoría de Caneliñas -a derradeira en pechar as portas- cazaba as últimas 48 pezas. Dende entón, as instalacións da baleeira quedaron en situación de abandono.

Sen embargo, a propiedade do solar no que se asentaba a antiga fábrica circulou por diversas mans, até que a derradeira transación a deixou en mans do Grupo Inmobiliario Labaro, que pretendía construir no lugar unha urbanización de luxo.e, co transcorrer dos anos, de ruina.Image

Carta do BNG de Cee: "A propósito de Caneliñas"

O BNG de Cee comprácese de que a Demarcación de Costas de Galiza considere a súa proposta de adquirir o solar da antiga factoría baleeira de Caneliñas. Durante a presente lexislatura o BNG realizou xestións perante o Parlamento do Estado dirixidas á preservación desta paraxe natural. A nosa preocupación fundamental daquela era o acoso urbanístico que sufría a parcela, co visto bo do anterior goberno municipal e o silencio do resto da Corporación. A tal efecto, o 27 de setembro de 2006 Francisco Rodríguez presentou unha pregunta nas Cortes de Madrid, que recibiu contestación o 26 de decembro dese mesmo ano. Esa resposta sinalaba que "o Ministerio de Medio Ambiente considera interesante unha actuación de recuperación das instalacións de Caneliñas para uso público e social, iniciativa que espuxo ao Alcalde para que a someta á consideración do Consistorio".

O grupo municipal do BNG de Cee non se limitou a trasladar a súa inquedanza ao representante do noso partido en Madrid, senón que presentou no consistorio de Cee, con data de 29 de setembro de 2006, unha moción dirixida á adquisición dos terreos da antiga baleeira. A Demarcación de Costas de Galiza adquirira daquela diversas propiedades situadas en zonas costeiras especialmente sensibeis, co galo de evitar movementos especulativos arredor das mesmas, ou, simplesmente, acadar a súa recuperación para o dominio público.

A verdade é que a estas alturas agardabamos algo máis que unha nova promesa do xefe da demarcación de Costas, Rafael Eimil, máis tendo en conta que estamos es período de precampaña eleitoral. Agora ben, o BNG de Cee apoiará calquer medida que preserve a carácter público de Caneliñas e valorice o seu entorno.

Daniel Oca

Roteiro entre Gures e o Ézaro

Costas prevé tamén a construción dunha senda peatonal que uniría a praia de Gures (da que tamén se pensa en acondicionar os accesos de cara ao verán) co Ézaro, en Dumbría.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Cee.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com