|
A Retranca saca o Gran Concurso Cuspidiños |
Correo-e
|
|
sábado, 02 de febrero do 2008 |
|
A Retranca sacaba o terceiro número especial AVE (AVEr se o vemos chegar). Esta noviña pero interesantísima revista de humor ácido sobre o noso país íntegramente en galego xa está na rúa. E pódese atopar en calquera quiosquiño que se precie. En Corcubión haino, de xeito que se na túa vila non o ten o quiosqueiro, xa lle estás chamando a atención. Desta volta recuperamos un dos detalles máis cachondos do número 3. O concurso Cuspidiños é un concurso do revés. A partir da caricatura do gañador, os lectores teñen que atopar ao individuo real. Así, hai que atopar ao galardoado do concurso, do que tan só temos a caricatura. Na foto vemos un dos primeiros posibles gañadores, mais aínda se ten que xuntar o comité decisor para aceptar de que o da foto é o mesmo da caricatura. Novas relacionadas Máis información Fonte
|