Venres, 30 de xulio do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

 


Seguenos no Facebook:




 Para coñecer un pouco mellor o traballo de Marcos Rodríguez


 


Horarios autobuses Costa da Morte




Patrocinado por:

Hotel  Insua patrocina estos Horarios











Salvacadelos

Os vídeos de Que pasa na Costa


RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Dombate afunde  Correo-e
sábado, 02 de febrero do 2008

Image 

Logo de 20 anos con boina, o dólmen de Dombate segue sen atopar unha saída para o mantemento de tan preciada anta, se cadra o máis importante desta megalítica bisbarra. A Deputación xa leva presentados 13 proxectos, pero ningún satisfixo a Patrimonio, co que o asunto queda como está: cunha lona de obra e tapapo cutremente con madeiros.

Entrementres as choivas seguen caendo, por sorte. E o Dombate pequeno, que estaba ao carón do grande, afundíu baixo o lodo. Xa só quedan un par fotos e un debuxo. Deste xeito, a anta segue ao amparo ad choiva, coas pinturas ao aire e sen esperanza de chegar a unha solución. Menos mal que as obras se fixeran para preservar o dolmen das inclemencias climatolóxicas.

 

 

 

Edificio de 1.000 metros cuadradosImage

As desputas ente Deputación e Xunta seguen e seguen como dunha carreira de fondo se tratase. Non hai atisbos de solución a verdade, semexando a importancia que lle dan ao asunto os mesmos que gastan os cartos no Sr. Gaias. Así, Patrimonio non autorizará a construción do edificio que a Deputación presentara, se non é que se reduce o tamaño inicial, diseñado nuns 1.000 metros cuadrados e 10 metros de altura.

O concello de Cabana pensa en querellarse

Un dos meirandes perxudicados polo asunto, alén do propio dolmen, é o concello de Cabana, que ve como pasan os anos e o "filón Dombate" non pode ser aproveitado como correspondería. O alcalde, José Muíño, síntese impotente ante o cúmulo de despropósitos, non pode un enfrontamento entre técnicos provocar o deterioro de Dombate. Xa pensa en emprender accións legais para determinar o grado de responsabilidade no asunto.

Parque do megalitismo

E mentres, entre disputas entre Deputación e Xunta, e as disputas locais que existen entre os propios concellos o Parque do Megalitismos pérdese na promesa. Dombate é o núcleo do triángulo que os concellos de Zas, Vimianzo e Cabana representan, sobre onde se pensa realizar a meirande recuperación para o turismo do patrimonio histórico-cultural megalítico. Polo menos, un opina que xa o poderían ter tapado realmente baixo terra para que as pinturas non se deteriorasen, pero os técnicos son os que saben.

Novas relacionadas

Fonte

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com