doMngo, 12 de outubro do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

O recuncho da Costa (XVI): O Pico de Meda de Zas  Correo-e
sábado, 02 de febrero do 2008

Image 

O cumio do concello de Zas vixía todo o concello. É o lugar onde están as antenas de televisón, teléfono, e demais, e onde se vai colocar a da señora TDT, se é verdade que algún chega á bisbarra. Tamén está pensado montar un miradorciño, para podermos sentar mirando a preciosa paisaxe.

As aldeas dos arredores fican ben bonitas dende arriba, como Vila Ramilo, que vemos na imaxe primeira. Polo outro lado, as chairas mesturan verdes con verdes, semellando unha agarimosa manta de ganchillo feita pola abuela. Poucos viraventos, gracias a dios, rodean o Pico, de xeito que a vista amplíase a toda a periferia. Persoalmente, podo comentar que me gustou máis que o monte Faro, pero se cadra algo menos que o Facho de Muxía, i é que co mar tan pretiño... dá gusto. 

Image 

Como chegar

Varios camiños chegan ata a arriba, mais un que preguntou por aí, foi mandado polo camiño máis longo pero o máis seguro de chegar tamén. Así, partimos de Baio, e collemos o seu desvío cara Zas. Pasando Zas, a uns 4 u 5 quilómetros, xusto antes de chegar ao lugar das Travesas, collemos un desvío cara a esquerda dirección Busto. De aí teremos seguir as seguintes indicacións, primeiro cara Santa Xaviña, logo cara Fornos e Vilarqueimado, e por último cara Vila Ramilo, dende onde sae unha pista cara a esquerda moi empinada que sobe ao mirador.

Outros recunchos

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción.
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com