Martes, 06 de xaneiro do 2009
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

O bipartito enfróntase polas piscifactorías  Correo-e
lunes, 04 de febrero do 2008

O Plan Acuícola continúa dando que falar, e o que queda. Así, o voceiro do BNG no Parlamento, Carlos Aymerich, considérao un punto ben importante e que é de sentido común parar e repensar un plan que está a ter tanta contestación social na Costa da Morte. Veremos se estas declaracións non caen en saco roto.

Contestación socialista

Ismael Rego, voceiro do PSdG no Parlamento, respondeu que esta suxerencia motívase por nerviosismo electoral, e que o seu partido non vai a tremer fronte as eleccións e que os grandes proxecto do país hai que apoialos, lembrando que pode poñer a Galicia como referente de Europa en materia de acuicultura. Eu realmente pregúntome se isto vainos facer mellores ou máis felices.

Así, Rego sinalou que o plan conta co apoio e o aval de todo o goberno galego, e de todos os socialistas galego. Disque non viu o que pasa en Seiruga, por exemplo.

Image 

Entrementres, a bisbarra en loita

Seiruga (Malpica), Camelle (Camariñas e Vimianzo), Merexo (Muxía, e que vemos na imaxe como quedaría logo da amliación da granxa)) e Quilmas (Carnota), non tanto o Cabo C (Corcubión), que non sabe moi ben de que vai a película, xa están en pé de guerra, como o refrenda a súa presencia na rede onde as plataformas están a crear blogs que lles permitan ser escoitados e lidos máis alá do seu concello.

Máis información

Fonte

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com