|
O temporal deixa en ridículo aos servicios básicos |
Correo-e
|
|
martes, 05 de febrero do 2008 |
|
Cada vez que pasa un temporal por aquí, como se non pasara a miúdo, acaba con todo. Resulta difícil de entender por que as infraestruturas básicas non están preparadas para esta clase de tormentas, nunha zona onde cando pega, pega de verdade. Desta volta a tormenta deixou ao seu paso varias desfeias. En Zas caía un raio abrindo unha brecha na estrada que une San Martiño e Froxán (xa reparada) deixando sen teléfono aos veciños de Rial de Arriba, San Martiño e Froxán, onde quedaron tamén sen alumado público. En Corme e Traba, Laxe, a televisión marchou dende as 20:00 do domingo e non voltou ata o luns as 16:00. Por Dumbría o temporal afectou ás casas e O Ézaro quedou nú cando o veto levou os tellados de 3 vivendas. Todo, como se fose a primeira vez que vén unha tormenta. Novas relacionadas Fonte
|