doMngo, 14 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Puro teatro!  Correo-e
martes, 05 de febrero do 2008

Image

Pois xa vou entendendo por que ó Entroido de Fisterra se lle di  "o máis tradicional da Costa da Morte". Home, tradicional, tradicional, non sei, pero o despliegue de medios que realizaron as 5 comparsas foi de escándalo. Non cabían máis fisterráns (disque os espectadores de fóra son cada vez menos) na praza da Costitución para disfrutar das mentiras, verdades, chistes, pullas e despelotes coas que as comparsas nos ían brindar.

Un humilde redactor de Que pasa na Costa formaba, a modo de Tucho, parte do xurado, composto por xornalistas da zona (que se do Acontecer, da Radio Nordés, de La Voz, do Diario de Bergantiños, do Correo, alén do Tucho). I é que xa non se pode facer un xurado con xente de ali. O propio alcalde comentábanos que había moita tensión, sobre todo antes, e a xente che dicía "vaia fillo me metiches meténdome no xurado, home".Image

O alcalde si que levou, e por todos lados. Aí en Fisterra non andan con coñas. As bromas chegan ao personal. Pero non quedaron no alcalde. Xan García, secretario, presente como cada ano e como cada situación importante por Fisterra, foi boa présa das comparsas. Juan Boullosa, voceiro do PSOE de Fisterra, sufriu bromas e bromas, e nin as traballadoras do concello, que pechan pola mañá e abren pola tarde, salváronse da queima.

Comeza o concurso

Os primeiros en saír á palestra foron Os Presajeiros sin Fronteiras. Unhas roupas de paxaron ben coloridos preparadísimos. Porque todos os traxes son feitos por eles, que senon, como nos comentaba o alcalde, logo hai historias, e un di que o outro comprou os traxes e.... Máis dun quedamos parvos ao ver a calidade da vestimenta, vaia. Así, e durante case 45 minutos, os Presajeiros entre canción e comedia, fixeron rir a toda a vila, agás ao alcalde, claro. Acabarían en 3ª posición cun premio de 900 euriños, que non está nada mal.

A Galeria á escena

Unha das favoritas era á da Galería do Aladín, baixo lema Panadín, o retorno do Manar. Unha esceanografía impecable, con aladín por un lado, o malo polo outro, bailarinas ao danza do vientre, e un xenio inigualable, Juan Manuel, que levou o premio ao rei do Entroido, compartido coa raíña Eva, tamén da Galería. Premio que lle entregou a voz da noite, un simpatiquísimo como non podia ser doutro xeito German Martínez, coñecida xa da telegaita. Vemos aos tres na imaxe da dereita.

ImageImage 

A crítica foi drecta. Tanto adoquín non pasou desapercibido, preguntándose como é posible que haia tanto e que logo todo esté ben sucio, ou que non hai carteis informativos para os turistas, ou que se cemente o precioso lugar do cabo. Coido que foi unha crítica ben colocadiña.

A terceira comparsa viña de Buxantes, Dumbría. Cunha crítica política un pouco máis mesturada (nas de Fisterra a acidez queda en Fisterra e como moito chega a Cee), a Orquestra Bikos metéronse mesmo coa calidade de solteiro do alcalde fisterrán, e cantaron e bailaron ritmos de Ricki Martin!

O Cabaret

A cousa estaba ben reñida ata o momento, xa que o nivel dos Presajeiros e sobre todo, da Galería puxeran o listón ben alto. Pero o Cabaret dos Xaramiños (na foto de arriba), fisterráns míticos de cada entroido, tamén, presentaban unha vestimenta tan traballada coma os primeiros, pero mesturaban o baile cabareteiro coa escena levada por unha xenial Lisa Cajapoquito dun xeito maxistral. Levaron o primeiro premio que os condecora como reis da festa mais a loita estivo ben reñida, e a máis dun non lle sentou moi ben.

Para rematar outra comparsa de Dumbría, os Mexicanos, composta por rapaces, onde a maior había ter 15 anos. Encantador ver á rapazada tan involucrada, mais a calidade non chegaba ao nivel.

Así, un ano máis, o Entroido de Fisterra enche de alegría á bisbarra, nunha tradición que cómpre non perder nunca, malia que agora poidamos andar de troula case que tódolos días.

Fonte

  • Redacción.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com