Martes, 06 de xaneiro do 2009
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

O caso da Fervenza xa ten responsables  Correo-e
jueves, 07 de febrero do 2008

Ningunha das institucións, nin a pública nin a privada podíanse salvar da desfeita. Semellaba claro que ambas tiñan parte da culpa ao permitiren o vaciado do encoro da Fervenza naquel tráxico 11 de novembro de 2007, cando morrían millerios de peixes afogados por falta de osíxeno. O xuiz comeza a actuar.

Nada menos que o director xeral de Augas de Galicia, José Luis Romero Valeiras, e outro alto cargo do mesmo organismo, foron chamados a declarar, por non ter controlado os niveis hidráulicos do encoro antes de que chegara a estar por debaixo do 0,4% de capacidade.

Ferroatlántica non salvaImage

O conselleiro delegado da división de enerxía da fábrica de Ferroatlántica, José Luis González-Haba, foi tamén imputado polo Xulgado de Intrución número 2 de Corcubión. Ocorre o mesmo co xefe de explotación , encarrexado da xestión hidráulica do encoro.

Seprona finaliza as investigacións

O Servicio de Protección da Natureza da Garda Civil (Seprona) rematou as súas pesquisas sobre a desfeita ecolóxica. Analizaron a actitude da fábrica con respectoa aos niveis e comprobaronse Augas controlaba ou tiña obrigación de comprobar as accións da empresa de Villar Mir.

Hai que mirar os boletíns

O Seprona baralla unha tese bastante evidente. A Xunta sabía de sobra que o nivel era inusualemente baixo, xa que cada semana publica o boletín hidráulico cos niveis de todos os encoros de Galicia, e que a 5 de novembro de 2007, marcaba un nivel do 1,03%. O boletín do día 12 marcaba 0% pero xa era tarde claro.

En marzo será cando os imputados pasen polo xulgado, e serán os de Ferroatlántica os que poidan sufrir as meirandes consecuencias, xa que son imputados de con responsabilidade directa, mentres que os da Xunta terían carácter "subsidiario". Máis dun opina que todos han levar algo para casa.

Estabilízase o estado do encoro

Entrementres o encoro recupérase. Subía nivel durante o pasado mes de xaneiro como unha moto, mais agora semella que se estanca no 50%. Curioso é o caso do de Santa Uxía do Ézaro, que logo de estar a máis do 95% durante toda a seca agora baixa ao 89%. Disque xa abriron as portas para a produción hidroeléctrica, claro.

Novas relacionadas

Fonte

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com