Venres, 30 de xulio do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

 


Seguenos no Facebook:




 Para coñecer un pouco mellor o traballo de Marcos Rodríguez


 


Horarios autobuses Costa da Morte




Patrocinado por:

Hotel  Insua patrocina estos Horarios











Salvacadelos

Os vídeos de Que pasa na Costa


RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Resucitando á Radio Neria  Correo-e
domingo, 10 de febrero do 2008

Image

Xa temos unha radio alternativa no sur da Costa. O norte xa conta coa súa libre, máis libre que ninguén Radio Roncudo, e agora, da man do concello de Corcubión, Radio Neria convírtese nunha nova e diferente alternativa á radio tradicional. 22 colaboradores están involucrados no proxecto, coordinados pola experiencia de Juanma Buituron, que nos acompaña tódolos días de 12:00 ás 14:00 co seu "Matinal da Costa", repasando a política local e nacional, e imitanto millerios de voces de coñecidos personaxes dun xeito divertidísimo.

Juanma en si

Tomámoslle un cafeciño con Juanma alí ao lado da radio, no porto de Corcubión. Juanma naceu na Coruña, pero xa no berce foi parar a Corcubión, mais cumpridos os tres anos a familia emigrou á vila de Cee. Ilustrador gráfico de profesión, a súa experiencia na radio, e algunha que outra amizade, como non pode ser doutro xeito, convenceu ao concello para darlle libertade total para conseguri chegar ás casas de toda a Costa, ou do que as ondas o permitan.

Con tan só 16 anos participara nun curso de radio na antiga Radio Neria impartido polo coñecido da Radio Nordés, Pepe Formoso. Pouco era el mesmoo que o impartía. 2 anos dirixindo a Radio Líder, iniciativa que sufríu o seu propio crecimento e rematou absorbida por PuntoRadio, avalan que este proxecto creza e creza, pero con ollo non vaia ser que veña a Ser e nos compre o chiringuito.

Image 

Dictadura tecnóloxica

Falando de todo un pouco, Juanma sacou na conversa o concepto dictadura tecnolóxica. Antes, un sacho e un lojón daban de comer a unha familia enteira, e agora vivimos nunha sociedade onde necesitamos de centos de materias primas para crear algo. Asegura que hai que recurrir á capacidade creativa para poder chegar á xente, senón vén sendo imposible.

Situación laboral

Eu coido que nunca vin un contrato fixo na man? cometáballe a Juanma. Eu vino unha vez, si, home, sacárono na TV3!!!. O apoio que hai para a creación dun proxecto calquera son nulas e as axudas económicas non son máis que cortinas de fume para calar á xente. Xa se sabe que a todos nos gustan moito os cartiños así en metálico. Tiña que aparecer un tipo con cartos e poñer todo isto a andar.

Falando do futuro na costa, comenta que ademais de pasar pola inundación de Cee, que como din os vellos, o que lle quitas ao mar, vaicho pedir de volta, non é moi alentador. Todo o mundo pensa que a única saída é ser funcionario.

Radio FórmulaImage

Juanma asume que a xente pide Radio Fórmula. A radio tradicional xa está un pouco gastada e agora querermos entretérmonos ríndonos de nós mesmos. Así Juanma monta o seu espectáculo sonoro, con mil voces que manteñen diálogos inauditos. Na Radio Líder viñan as señoras a velo en directo porque non se crían que todas esas voces eran eu. Con elas vai repasando actualidade política estatal e comarcal do xeito máis entretido posible.

A radio emitirá na 107.8 da FM, ata onde cheguen as ondas. Andan pedindo autorización para poñer un emisor de maior potencia, pero xa cubre unha zona importante. Ás mañás do día a día comezarán ás 11.30 con diferentes programas ("A Gaveta" on luns, un prgrama de cociña o martes, "Quedamos na Lobeira" os mércores, "No bico un Cantar" os xoves e un programa feminista os venres), dando paso ao "Matinal da Costa" de Juanma. Estos programas emitiranse en diferido polas noites, dende ás 23:30.

As 23:00 haberá outras propostas. O coñecido entrenador e presi do Unión Cee, Manolín, terá o seu programa de poesía. Os xoves haberá un programa de náutica e os venres Conexión Rock, chega logo dos programas Zona Dance (21:00h) e Estilo libre (22:00h). Os sábados tamén haberá programación. A Caixa de Pandora traerá sorpresas ás 12:00 e O Acantilado coñecerá a actualidade máis actual ás 16:00. Onte sen ir, máis lonxe, o alcalde de Cee, Ramón Vigo era entrevistado en directo.

Unindo a Costa

A Radio Roncudo convírtese no gran aliado da casa. A colaboración cun dos compoñentes do equipo cormelán, Oscar M. Rey Calo, encarrexado tamén da comunicación do Concello de Ponteceso. Juanma e Óscar intercambiaran aparicións nos seus respectivos programas, mesmo intercambiando material para cubrir unha fraza horaria máis ampla e, sobre todo, para crear vínculos máis cercanos entre o norte e o sur da Costa da Morte, para que saibamos en Corcubión, Cee, Fisterra ou Carnota do que pasa realmente por Ponteceso, Laxe ou Malpica. Falta fai na bisbarra que superemos definitivamente os localismos e miremos como un conxunto que somos, deixando fóra o debate tan presente estos días sobre a delimitación xeográfica.

Presentador nunha sesión da Sala Xunqueira

Juanma será o encargado de presentar o vindeiro 29 de febreiro unha sesión festeira na Sala Xunqueira de Cee con pinchadiscos locais, como Dj Veda, que fará unha sesión house en sintonía coa percusión do propio Juanma, todo un polivalente.

Se estades interesados en colaborar ou queredes máis información podedes poñervos en contacto coa Radio Neria enviando un correo ao Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver , ou chamando á emisora ao número 981 74 73 11. Sorte e adiante.

Novas relacionadas

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com