|

O río do Hospital, afluente do Xallas, deixa 3 saltos, o máis grande de 6 metros, a tan só uns 100 metros río abaixo do lugar de Hospital, no concello e Dumbría. O río baixa rodeado de penedos graníticos, que forman imaxes tan incríbles como a cabeza de lobo que vemos na foto de abaixo. O entorno está vixiado por un vello muíño, que curiosamente controla dende a parte máis alta do entorno. As caídas de auga e as pozas redondiñas chaman ao baño, e máis agora con este febreiro estival.
A 100 metros do Camiño As propias xentes do lugar descoñecían tal paraxe. Xa me falara o meu fillo do sitio ese pero eu, que levo 18 anos aquí non baixei nunca, comentábanos unha veciña. Ao veren as fotos, a resposta foi de estupefacción, "pero isto está aí abaixo? Ai oh, pois que valoramos pouco o que temos xusto ao lado". Tesouros como estes poden ofrecer un estímulo para que poidamos disfrutar delas, e para que os turistas teñan unha excusa máis para deixarse ver por aquí. E que turismo máis importante que o Camiño. O entorno corre a 100 metros das fervenzas, mais é case imposible acceder dende el, e menos cando non se coñece. Unha boa sinalización do lugar tanto no Camiño como na estrada, e o consecuente acondicionamento dos accesos a pé, facilitaría que os peregrinos poideran disfrutar desta marabilla natural e ter unha razón máis para querer voltar á nosa preciosa bisbarra. A de tesouros que temos na bisbarra e que non valoramos nin coidamos, qero é que como a temos aí, non lle damos valor ningún. Como chegar Collendo dende Dumbría e tirando cara A Picota e o Pino do Val, atopamos o lugar de Hospital logo dun desvío a Paradela e antes de chegar a Olveiroa, Alí aparcamos como podemos, e preguntamos aos veciños da zona, que xa che indican como atravesando unhas leiras pola beira de antes de pasar a ponte do río, e baixando dificultosamente entre toxos chegamos á zona de abaixo, ao 3º salto. A partir de aí, a explorar ata onde poidas, pero trepando un pouco se chega ata case que o muíño tirando río arriba. Se partimos da estrada que vai de Carnota cara Cee, pola costa, collemos a estrada que vai a Santa Comba e á Coruña, collendo un desvío á dereita á altura dos bares A Nosa Terra, e o grandísimo Tono, Esta estrada sube todo polo monte e antes de chegar arriba podemos parar no mirador de Loureda a contemplar a preciosa chaira de Carnota. Sumerxímonos no mar de viraventos ata chegar á estrada de á Picota e a Dumbría, e antes de chegar a Dumbría topamos co lugar de Hospital. Gustaríanos que participasedes enviando algunha fotografía dese recuncho da vosa zona, pola que pasades tódolos días, ou que lembrades polo seu encanto, así como calquera cousa de interese para a bisbarra. Estamos en \n
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver . Graciñas. Outros recunchos Novas relacionadas Fonte - Fotografia de Jesús Vázquez García.
|