|
15 concellos da bisbarra pasarán revisión con Medio Rural para ser informados das novidades do Programa de Desenvolvemento Rural de Galiza, máis concretamente do Plan Leader 2001-2013. Malpica, A Laracha, Carballo e Ponteceso xa pasaron cita a semana pasada, e esta tócalles o turno a Coristanco, Cabana e Laxe, este mesmo luns 11 de febreiro de 2008 edificio de servicios múltiples coristanqués. Zas, Vimianzo e Camariñas, xuntaranse con Medio Rural o martes no edificio vimiancés de A Torre, e os cinco da comarca de Fisterra, o día 13. O Programa Leader Plus está a crear unha morea do postos de traballo. Así o afirmaba Xan García Pouso, secretario de Neira, entidade supramunicipal encarrexada de xestionar os fondos Leader. Arredor de 250 postos de traballo foron creados logo de invertir uns 9 millóns de euros en 149 proxectos. O máis importante, como sinala Xan García, xa recuperado dos varandeos que levou no entroido de Fisterra, foi que a inversión privada durante o ciclo 2000-2006 superou á pública, o que indica a gran implicación do sector. Moitas foron as peticiones que recibiu Neria, e non todas puideron ser axudadas. Os pequenos empresarios foron sempre os máis beneficiados, para obras coma reformar un baño, mentres outras obras máis grandes non puideron ser acometidas. A casa tuteda de Aspadex foi sinalada por Xan como unha das máis singulares. Cee a máis beneficiada Dos 149 proxectos, 44 foron parar a Cee, contando cunha subvención de 2,7 millóns dos 19.9 totais. Carnota contou con 21, e Mazaricos e Dumbría, tan só 4. As bases para decidir a concesión de subvencións que baralla Neria son: aposta polos servicios sociais, promoción do turismo, fomento de pequenas empresas e recuperación do patrimonio. O novo plan xa está en marcha, para o que Neria conta con 2 concellos menos, Cabana e Laxe. Fondos Feder O Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER) paga. As vías da provincia da Coruña contan cun presuposto de 60 millóns de euros, presentados pola Deputación. Veremos ata que punto revirten en algo e non temos que ir botando no coche cando imos por Ameixenda ou por outras millerias de estradas da nosa bisbarra. Varios son os concellos da bisbarra os que sairán beneficiados. Zas repartirase cos concellos colindantes a cifra de 400.000 euros, mentres que Camariñas, Laxe e Vimianzo contarán con 115.500. Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría e Mazaricos recibirán 69.700 e a estrada que une a Serra con Dumbría recibirá 131.600 €. Os recursos do FEDER, desta volta destinaranse á conservación de vías, que falta fan, pero tamén destínanse a: - as inversións produtivas que permiten crear ou manter empleo;
- as infraestruturas;
- as iniciativas de desenvolvemento local e as actividades das pequenas e medianas empresas.
O fondos están divididos en dous frontes, agrario e de pesca. O agrario contará cun presuposto para o 2007-2013 correspondente á 856.486.112 euros.No tocante aosfondos pesqueiros, Pesca asegura que o Plan Financiero Orientativo do Fondo Europeo de Pesca (FEP) poñerá enriba da mesa 428.597.273 euros. Fonte
|