Martes, 06 de xaneiro do 2009
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Volve o raposo das Lobeiras  Correo-e
lunes, 11 de febrero do 2008

Image 

Mesmo o Vieiros.com, (disque hai algún topo vieirense por Lira) malia non renovar moito a sección da Barbanza, faise eco da nova aparición do raposo das Lobeiras. Esas encantadoras rochas, que pertencen ao concello de Corcubión, mais estar xusto diante do concello de Carnota, fronte a costa do Pindo, Quilmas e Panches. O concello de Corcubión ten solicitada unha entrevista con Medio Ambiente para incluilas no Parque Nacional das Illas Atlánticas.

Un daba unha volta por Quilmas a semana pasada, e varios veciños da zona xa me comentaran que varios mariñeiros da zona, aseguraran ter visto ao devandito raposo polas illas nos últimos días. Seica a nado non chegaría o raposiño nin de broma, e ademais, que o levaría a decidir mudarse á illa? Algún veciño houbo de levar o raposo para alí de seguro.

A historia do raposo

A historia do raposo contábama o veciño de Quilmas Juan García Ínsua, Nito. Non é pouca a xente que se achega ás illas de expedición a pasar unha tarde, ou mesmo a pasar un par de noites ( eu teño moitas gañas de facelo). Nunha destas, un dos expedicionarios acabo canso das gaivotas que revoloteaban o lugar e xurou que ía remediar a única incomodidade que tiña aquela preciosa paraxe. Un raposiño e que se busque a vida.

Nito lembraba que cando o Seprona foi buscar ao raposo, este estaba ben delgadiño, case famélico. Estaría farto de gaivota, digo eu.

Excursión

Como me informa Xosé Manuel Casais, membro da A Plataforma pola Defensa Cultural de Quilmas e de Adega, ambas organizacións están a organizar unha excursión ás illas para o vindeiro 20 de marzo de 2008. As prazas son limitadas xa que a illas non dá para máis, pero para reservar praza poden chamar ao 687 53 17 13. Sairá da Fonte de Quilmas ás 11:30 e varios veciños da zona levarán aos apuntados en varias lanchiñas. É preciso levar a comida.

A preciosa foto das Illas Lobeiras foi tomada por Irene García Patiño na Virxe da Barca do 2005.

Fonte

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com