Mércores, 19 de novembro do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Medio Ambiente ofrece bidóns de compostaxe caseiro  Correo-e
martes, 12 de febrero do 2008

Image

Iso de ir mercar o abono e os fertilizantes químicos rematou. A meirande parte do rural galego xa fabrica o seu propio abono e que os labregos ben aproveitan a fermentación dos residuos orgánicos para crear compós natural. Pero iso de botarlle un pouco do fertilisante ese que vende na tenda é moi típico tamén. Pois a Consellería de Medio Ambiente inicia un programa co gallo de facilitar este proceso e ofrece achegar, por medio de Sogama, un composteiro para cada vivenda que o solicite. Cabe lembrar que a materia orgánica representa en torno ao 50-60% da composición media do lixo xerado no noso país.

O programa está na fase de iniciación, e tan só os concellos colindantes ás instalacións da Sociedade Galega de Medio Ambiente (Sogama), situada en Cerceda, xa contan con este servicio. Estes concellos son Ordes, Cerceda e Carballo. Foron varios concellos ouresáns (O Carballiño, Carballeda de Avia, Piñor e Ribadavia) os que participaron no programa piloto. Os concellos teñen que pedir solicitude, ou cando menos enviar unha mostra de interese a Medio Ambiente para que a consellería o tome en conta.

Deste xeito instamos aos concellos da bisbarra a que soliciten a implatación do programa para mostrar o interese da Costa da Morte neste proxecto e para que participemos nós na segunda xeira da iniciativa.

Instalación do composteiroImage

O dosier que presenta Sogama na súa web no apartado "Programa piloto de compostaxe caseira" explica detalladamente os pasos para instalar na propia leira o pequeno composteiro. Aquí detallamos un adianto do dosier.

¿Que é o compost?

O compost, como produto da compostaxe, é un material estable, hixiénico e semellante ao humus do bosque que se pode empregar como abono natural, en sustitución dos fertilizantes químicos. Apórtase á terra para mellorar as súas propiedades. Agregar compost ao chan considérase a forma natural de fertilizalo e reconstruir a súa calidade. A compostaxe pode facerse nunha ampla pila de residuos, máis polo xeral resulta práctico empregar un composteiro.

¿QUE NECESITAMOS PARA FACER COMPOST?

  • Un espazo axeitado no xardín ou na horta.
  • Un composteiro.
  • Unha forca, pala ou outra ferramenta para voltear.
  • Auga.
  • Residuos de cociña (restos de froita, verdura, pousos de café, té, pó da aspiradora, etc).
  • Residuos vexetais do xardín (restos de poda, ramiñas, follas secas, céspede, restos de flores, etc).

O COMPOSTEIRO

O composteiro é un recipiente onde se bota a materia orgánica para a súa transformación en compost. Os composteiros facilitan a aireación e o control da temperatura e humidade, evitando a dispersión do lixo e repelendo a roedores e outros insectos. Outra das súas avantaxes é que permite voltear moi fácilmente a pila empregando un removedor.

¿ONDE INSTALAR O COMPOSTEIRO?

A localización máis axeitada será nun lugar sombreado, de fácil acceso e cunha boa drenaxe, pois o material ha de manterse quente, húmido e osixenado. O composteiro é preferíbel colocalo directamente sobre o chan e non sobre cemento, para permitir o paso aos organismos encargados de degradar o material orgánico (bacterias, fungos, miñocas, etc.). Sería de interese poñer primeiro sobre o terreo ramas e restos de poda ou toxos picados.

Novas relacionadas

Fonte e máis información

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com