Martes, 06 de xaneiro do 2009
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Suso Lista presenta a súa dimisión como patrón maior de Corme  Correo-e
martes, 12 de febrero do 2008

 Image

A confraría de Corme terá que buscar un novo patrón. O, ata onte luns 11 de febreiro de 2008, patrón maior presentaba a súa dimisión, que foi aceptada pola xunta xeral. Un ano e 4 meses foi o que Suso Lista exerceu de patrón, trala dimisión do anterior, Inocencio Suárez.

Falamos con Suso e comenta que aínda ten que asimilalo todo. Había sempre moita presión, mesmo insultos e amenazas, e iso unido á cantidade de choio que era, provocou un desgaste tremendo. Eran só 4 ou 5, pero... Chegou o momento.

O acoso que sufría Suso era continuo. O último caso que propicio a súa decisión final foi derivado da feira Da Gusto 2008. Algúns membros da xunta puxeron trabas para que Suso cobrase os gastos da viaxe, á foi a a promocionar vos nosos produtos, non a pasear. Non é a primeira vez que algo así ocorre e o propio Suso aseguraba que está canso, farto do boicot e do hostigamento que sufro desde que accedín ao cargo.

Agora, o proceso para a posta dun novo patrón levará o seu tempo. Como asegura Suso, eses 4 ou 5 non teñen "cuorum" suficiente, así que dimitirán todos para que hai eleccións.

Suso Lista dedicarase á súa familia e descansar un pouco da actividade frenética que leva nos últimos tempos. Malia e todo, Lista non quixo dar nomes. Con todo queda cun sabor agridoce, xa que houbo varios proxectos que quedaron a medias. A venta de percebe do Roncudo, valor seguro, por internet xa contaba cunha subvención da Xunta de nada menos que 38.000 euros, proxecto que se cadra ficará paralizado un tempo.

A polivalencia de Suso Lista

Coido que terá complicado a confraría de Corme atopar outro patrón coa visión e a capacidade analítica de Suso Lista. Non hai máis que botarlle un ollo ao seu blog (susolista.blogspot.com) para ver que todas as voltas que deu polo mundo adiante nos barcos serviron para crear unha visión particular deste mundo, pero cunha altura de miras pouco usual.

Ademais do blog, Suso Lista ten participado en unha morea de producións como actor, tanto no teatro como na televisión. Mareas Vivas, Rías Baixas na TVG ou traballos con La Fura dels Baus dan fe da súa polivalencia.

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com