|
A pasada semana achegábamonos ata Quilmas para dar unha volta pola zona onde se pretende acometer a ampliación da piscifactoría xa existente no lugar. Acompañado de dous representantes da Plataforma pola Defensa Cultural de Quilmas, Xosé Manuel Casais e Juan García Ínsua, Nito, recorrimos o entorno que queda entre o Portiño e o Porto (na imaxe da esquerda podemos ver O portiño co Monte Pindo destrás), con dúas praias entre medias, O Pedrullo e Corna Becerra. O enclave quedará trala ampliación entre o mar e a granxa, imposiblitando o acceso a esta zona tan encantadora. Quilmas é un lugar do mellor conservado da bisbarra. A remodelación de casa vellas faise con cabeciña, conservando as estruturas de pedra. Sempre hai un tocho de formigón polo medio, pero é que se non, non sería Galicia. Semella que alguén apuntou o ladrillo á vista e o formigón sen pintar na nosa indiosincrasia. Quilmas líbrase bastante ben. Falamos pois dun pequeno e tranquilo lugar onde os seus habitantes (non chegan a 150) viven a modiño entre unha marea de hórreos, e porque non hai estatísticas de número de hórreos por habitante, que seguro que Quilmas estaría na parte alta da clasificación. A vella granxa A piscifactoría xa construida e sobre a que se quere facer a ampliación está do lado do Porto, de xeito que lle queda a praia do Pedrullo xusto diante e a Corna Becerra un pouco á esquerda mirando cara o mar. O máis interesante é a construción de formigón que corre polo medio e medio desta última praia "escondendo" o tubo por onde saen as augas residuais da planta. Ao longo duns 50 metros este mazacote corre paralelo á praia a 10 metros da beira, de xeito que cando a marea está abixa queda ao descuberto. As augas residuais saen ao mar directamente nas rochas de diante da praia podendo ver un tono moito máis branquecino do normal en auga mariña. I é que vén cargada de piensos e outra materia orgánica. Disto dan fe os millerios de gaivotas e gordos muxos, que por norma xeral ateigan o lugar. Estos animais son o mellor indicador do que ocorre, como sinala Nito e Xosé Manuel. Curioso é o caso das tuberías. As augas residuais caen a 20 metros nun canle de augas e xusto ao remate do recinto, unha tubería con auga mariña sen tratar dilúe a saída final de augas alomenos, un 50%. A cantidade de materia enviada ao mar segue a ser a mesma pero a concentración total de contaminación, que é o parámetro que se mide para calculala, redúces á mitade. Estudio do proxecto de Pesca Dando voltas pola web de Pesca, logo de moitas, topei cos plans dos 26 proxectos (entre ampliacións e novas contrucións) que a Xunta prevé realizar. Analizamos un pouco os 7 proxectos (sí 7, non 3 nin 4, temos Camelle, A Xandriña, Lira, Corcubión, Seiruga, Merexo e Quilmas) que atinxen a nosa Costa. O estudio previo sobre o proxecto de Quilmas foi realizado pola empresa Ceinsa, Cerne Ingeniería. O proxecto trátase da ampliación de granxa ocupando un terreo final de 250.000 metros cuadrados e conta cos seguintes puntos de interese:  - Usos do solo:
- Terreo da ampliación: PRMCAEF, "prados en maioría, cultivos anuais e especies forestais". - Terreo da granxa: ZAPAI, "zona industrial ou de asentamento de poboación". - Calificación do solo actual:
- Unha zona é "Solo rústico de protección de Costas" (NUPL); - Toda a area é "Solo non urbanizable de protección paisaxística" (NUPK); Hai unha proposta para calificar todo como "Solo rústico de protección de Costas" (NUPL) onde se poderái consturir ata 3,5m de altura, respetando 5 m polas beiras, e construindo como máximo nos 2/3 da superficie total ocupada. - Denominacións de protección:
- Atópase ao carón do LIC Monte Pindo ("Espacio natural en réxime de protección xeral"); - Colindante coa praia O Pedrulo; - Limitan con dunas móbiles (dunas brancas) propias do LIC Carnora-Monte Pindo; - 14 especies de fauna; - 1 especie vexetal propia LIC Carnora-Monte Pindo (Omphaloda littoralis) e outras especies vexetais baixo protección como as breixeiras de erica, e outras 10 especies máis. - Factores a ter en conta:
- Impacto paisaxístico; - Impacto socioeconómico da empresa; - Fraxilidade da zona pola pesca e o marisqueo (nécora, centola e percebe, que sería o que máis sufriría polos efluentes da piscifactoría). - Conclusión: A propia Ceinsa, responsable do estudio admite: "Consideramos que a área de estudo é posuidora de certo valores e méritos de conservación protexidos pola lexislación actual."
Ergosfera Kill+peixes A asociación universitaria de estudiantes de arquitectura, Ergosfera, está a realizar un proxecto alternativo ao presentado ao Plan Acuícola para o lugar de Quilmas. A investigación propositiva baséase no modelo territorial de implantación da acuicultura mariña en Galicia, centrándose no caso particular da ampliación da piscifactoría de Quilmas [Carnota]. O proxecto kill+peixes atópase nun momento de produción de documentos que “empaqueten” a grande cantidade de información inconexa que circula sobre o asunto nos diferentes medios de comunicación. Ergosfera lembra que as bases sobre as que se están construindo este plan están anticuadas, en canto non se abordou de xeito global o problema da industrialización tardía en territorios “desenvolvidos” como o noso. Así, no medio da controversia xerada pola publicación do Plan Galego de Acuicultura, o proxecto kill+peixes pretende servir como plataforma de ideas alternativas a unha realidad que xa non convence a case que ninguén. Autobús a Compostela Xa vemos por todas as esquinas da bisabarra, por cada obra, carteis con ese "verde marujita" tan característico, da manifestación que este domingo día 17 de febreiro de 2008 se celebrará en Santiago de Compostela. A Plataforma pola Defensa do Patrimonio Cultural de Quilmas dispón dun autobús, que sairá ás 9:00 da fonte de Quilmas, para chegar a unha hora decente para marchar ás 12:00 dende a Alalmeda. Se queren apoiar a marcha contra o Plan Acuícola, poden chamar ao 687 53 17 13. Excursión ás Illas Lobeiras Falábamos onte da volta do raposo ás Lobeiras. Pois ímolo poder comprobar. A Plataforma pola Defensa Cultural de Quilmas e de Adega están a organizar unha excursión ás illas para o vindeiro xoves Santo 20 de marzo de 2008. As prazas son limitadas xa que a illas non dá para máis, pero para reservar praza poden chamar ao 687 53 17 13. Sairá da Fonte de Quilmas ás 11:30 e varios veciños da zona levarán aos apuntados en varias lanchiñas. É preciso levar a comida. Moitas gracias para Xosé anuel e para Nito, e se pasades por Quilmas non dubidedes en para na taberna do Augusto, tamén chamada "Casa da ghallegha", e falar un ratiño coa señora Palmira.  Novas relacionadas Fonte
|