Martes, 06 de xaneiro do 2009
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Merexo solicita ser Ben de Interese Cultural  Correo-e
jueves, 14 de febrero do 2008
Image

O grupo ecoloxista da Ponte do Porto PX presentara en xaneiro unha denuncia ante Patrimonio na que e asegura que na zona de Merexo onde se quer ampliar a piscifactoría, hai vestixios dunha fortaleza que data do século XIX. A construción da granxa pasaría por riba da defensa do Patrimonio Histórico.

Os veciños de Merexo están agora na procura de probas en forma de calquera vestixio arqueolóxico. Dita fortaleza era utilizada para controlar as embestidas piratas e das armadas estranxeiras de comezos do século XIX, pouco antes da Guerra da Independencia, cando o reinado de Carlos IV.

Ben de Interese Cultural

De igual xeito, os veciños veñen de presentar unha petición ante Patrimonio Cultural da Xunta para que Merexo sexa declarado Ben de Interese Cultural. A loita continúa.

Estudio ambiental da granxa

Repasando os proxectos que a web de Pesca baralla para as 7 piscifactorías (Camelle, A Xandriña, Lira, Corcubión, Seiruga, Merexo e Quilmas) que atinxen á nosa Costa, comentamos un pouco a de Merexo que conta con puntos interesantes, como na maioría do resto. Sen ir máis lonxe, a propia empresa encarrexada de realizar o proxecto e o estudio ambiental asegura, e 6 das 7 granxas que a área é posuidora de certos valores e méritos de conservación protexidos pola lexislación actual, pero nin sequera esta conclusión fai pensar da viabilidade do proxecto.

Image 

  • Calificación urbanística actual:
    - Unha zona é "Solo rústico de protección de Costas" (NUPL);
    - Toda a area é "Solo non urbanizable de protección paisaxística" (NUPK);
  • Clasificación adoptada polo presente Plan sectorialImage
    Para o parque n.º 14 MEREXO, proponse cualificar os terreos de todo o ámbito como de "Solo rústico de protección de Costas" (NUPL), nos terreos que se atopen a unha distancia inferior a 200 metros da ribeira do mar, e SOLO RÚSTICO DE PROTECCIÓN ORDINARIA, no resto, onde se poderái consturir ata 3,5m de altura, respetando 5 m polas beiras, e construindo como máximo nos 2/3 da superficie total ocupada.
  • Denominacións de protección:
    - O está próxima ao espazo natural denominado LIC COSTA DA MORTE (Espazo Natural en Réxime de Protección Xeral), que goza de protección dende o ano 2001.
    - Aínda que a área considerada non inclúe ningún humidal, si convén destacar a presenza nas súas proximidades da  Enseada de Merexo e do Río de Lago

A propia Ceinsa recoñece na conclusión que a área é posuidora de certos valores e méritos de conservación protexidos pola lexislación actual, pero o informe ambiental limítase a expoñelos sen ir máis alá e sen concretar en que grao se verán afectados. Pero claro, non se poden mollar, eles só poden opinar.

Novas relacionadas

Fonte

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com