Martes, 06 de xaneiro do 2009
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Laxe solicita que as súas praias conten con distintivos de calidade  Correo-e
jueves, 14 de febrero do 2008

Image

Non hai maior reclamo turístico en Laxe que as súas praias. En Laxe boa parte do litoral ten area, e areais para tódolos gustos: urbanas como a de Laxe, para practicar surf e bodi como a de Soesto, caliñas pequenas e alonxadas como a de Arnado, a de Morelo ou a do Castrillón, ou grandes areais coma o de Traba.

Por isto, o Concello sabe da necesidade de potenciar eses tesouros e anda na procura de conseguir os diferentes distintivos de calidade para as principais praias. A finais do pasado xaneiro de 2008, toda a documentación necesaria para que a Praia de laxe conta coa Bandeira Azul por terceiro ano consecutivo. Pero non quedan aía as solicitudes, se non que piden para dita praia a marca Q de calidade turística, que evalúa dende a seguridade ata os accesos. O concello pide que se valore a boa xestión cos servicios que presta a praia (pasarelas, duchas, aseos públicos, ocorristas...) que, amais, se verán incrementados coa implantación de aseos fixos ao longo dos 2 km de praia.

Traba e Soesto

Para as praias de Traba e Soesto, o concello traballa para conseguir dous dos distintivos que certificarán o incríble estado medioambiental no que se atopa a praia. Estes distintivos son os EMAS (Sistema de Autoxestión e Auditoría), que descrebe públicamente o impacto ambiental das actividades que se realizan nos arredores da praia; e a ISO 14001, que asegura o continuo avance no acondicionamento das instalacións e do estado das praias.

Museo do Mar

Os responsables do Concello de Laxe traballan na actualidade na elaboración das bases polas que se rexerá o concurso para a musealización do futuro Museo do Mar de Laxe.

Os traballos de rehabilitación da antiga casa cuartel previsiblemente estarán acabados antes de outubro, polo que a intención do concello é iniciar este mesmo mes o proceso para darlle un uso definitivo e permitir que poida abrir as súas portas a maior brevidade posible.

Esta parte do proxecto disporá dun orzamento de 284.000 euros e deberá incluír tanto a distribución dos espazos como a elección dos obxectos que os van ocupar.

O Concello aínda non decidiu o modelo de xestión polo que se rexerá o Museo do mar, pero a súa intención é que goce de autonomía, polo que se podería optar por un padroado ou fundación, pero iso aínda está pendente.

Novas relacionadas

Fonte

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com