|
Solución salomónica na que os únicos que quedan contentos son os propios empresarios. A Consellería de Pesca e o Ministerio de Medio ambiente sacaron unha sentencia pola que obriga a todas aquelas empresas que estean situadas no litoral, a que modifiquen as súas instalacións para deixar como mínimo 6 metros fronte o mar. Con esta medida o que pretende Medio Ambiente é restaurar cada zona que quede liberada para garantir o dereito público peatonal,o que se denomina "servidume de protección de costas". Haberá zonas protexidas onde a lonxitude da parcela retirada terá que chegar a 20 metros. Pero nunca falar de 100 metros, como se especulaba. Deste xeito, a Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas (Anfaco) mostrábas satisfeita ante a medida, a cal calificaron de mal menor, e a Asociación de Productores de Rodaballo de Galicia (Aroga) preferia agardar para ver a letra pequena. Adega califica a medida como decepcionante retroceso Adega demandaba que establecese unha política de Costas máis valiente sen concesións á especulación urbanística, así como a extensión das medidas de recuperación á zona de servidume (100 metros) de protección do dominio público marítmo-terrestre. Apunta que a Lei só permite a presencia no litoral a aquelas obras, instalacións e actividades que, pola súa natureza, non poidan ter outra ubicación ou presten servizos necesarios ou convenientes para o uso do dominio público marítmo-terrestre. Adega apuntan tamén que unha vez vencida a concesión por un prazo de 30 anos, de xeito que as empresas contarán coa posibilidade de manterse en terreo público ata 28 anos máis, no que Adega califica de amnistía xeral. O que á Aroga lle pareceu unha boa solución, o feito de non estableceren normas paticulares, non é aceptada pola Adega que considera que cada concesión ten as súas particularidades e que estas tiñan que terse en conta. Novas relacionadas Fonte
|