|
Chamamos ao alcalde de Cee co gallo dunhas declaracións nas que mostra o seu escepticismo fronte ao Consorcio. Vigo asegurou que non é que estea escéptico fronte a entidade, e asegura que é preciso dinamizar o turismo na bisbarra, sobre todo, buscando os contactos precisos cos Turoperadores. Vigo, que o pasado sábado falaba na Radio Neria asegura que a participación privada, da man da Fundación Comarcal de Bergantiños (na comarca de Bergantiños) e Neria (na propia Costa) é necesaria, xa que no Consorcio trátase de poñer cartos, non de recibir coma no Pacto. Carballo-Costa da Morte A presencia de Carballo tanto no Consorcio como no Pacto de Emprego deixa un sabor agridoce na boca de Vigo. Sen falar do territorio, que o mapa non me importa, un pacto destas características debe manter unha homoxeneidade socio-económica. Semella claro que a realidade bergantiñá pouco ten que ver co resto da Costa da Morte, unha bisbarra mariñeira, agrícola e de servicios, mentres Carballo ten unha boa industria dende hai 20 anos. Así mesmo, as carencias da Costa son similares, e as de Carballo son un pouco diferentes. Só hai que vir dende Coruña para comprobar as distintas realidades. Non só o cambio de autoestrada á AC-552, senón a paisaxe varía radicalmente unha vez pasado o Carrefour de Coristanco. O PSOE de Corcubión rexeita a Carballo como parte da Costa Francisco Javier Lema, voceiro do partido socialista e ex alcalde, non está xustificado que se inclúa a Bergantiños no mesmo ámbito de actuación que Soneira e Fisterra, comarcas máis deprimidas. Só entre Carballo e A Laracha suman 40.000 habitantes, cun peso demasiado alto no Pacto, o que desvirtúa a súa función. Nota de prensa do BNG de Cee O BNG de Cee esixe ao goberno municipal que formalice o seu ingreso no Consorcio de Turismo e no Pacto Territorial de Emprego da Costa de Morte. Lamentamos a actidude chulesca do alcalde de Cee, que nin sequera se digna a dialogar co resto de Alcaldes da comarca e as persoas responsábeis das administracións que representan lexitimamente os intereses dos cidadáns, sobre os plans sectoriais de desenvolvemento que se van poñer en marcha no noso territorio. Denunciamos a actuación sectaria, personalista e antidemocrática de Ramón Vigo, que actúa en contra do Goberno da Xunta e da Deputación que foron lexitimamente elexidos polos cidadáns e, o que é moito máis grave, en perxuizo dos habitantes de Cee. Gustaríanos saber quén lle atribuiu a competencia persoal de ordenar a política de emprego e turismo da Costa da Morte. Invitamos a PP e PSdeG-PSOE de Cee a que, por coherencia e responsabilidade política, apoien a adhesión ao Consorcio de Turismo e ao Pacto Territorial de Emprego da Costa de Morte e non permitan que Cee quede fóra de xogo. Esiximos ao Alcalde que dea explicacións ao sector da hostalería de Cee e ao resto de ceenses de por qué non van poder disfrutar nos vindeiros anos das axudas para o sector turístico. Que explique tamén cál é a política turística do Concello e qué é o que vai vender a Fitur. Novas relacionadas Fonte
|