|
Damos un paseo, unha semana máis polas fervenzas da bisbarra. E hai dabondo. O problema é que a maioría nin as coñecemos, mesmo nin as coñecen os propios veciños, como ocorría a semana pasada en Hospital, que cando lle ensinamos as fotos a unhas señoras do lugar, non o crían. 28 anos aquí e non baixamos nunca, recoñecían as señoras. E este problema é coma se tivéramos tesouros agochados, que ninguén sabe onde están e ninguén lle saca proveito. Esta semana, un coñecido cercano achegóume ao concello de Mazaricos, aló, preto da parroquia de Arcos para descubrir un lugar onde el coa súa familia vai tódolos veráns a pasalas tardes soleadas. Un sitio espectacular, con ochas que semellan calaveras, cunhas caídas ben grandes e gordas, con saltos de ata 10 metros e cunhas pozas e jacuzzis naturais que berran tírate, tírate!. Como chegar Curiosamente o camiño estaba máis ou menos preparado. Semella que había pouco alguén pasara a segadora por aí porque as cábalas do compañeiro apuntaban a que teríamos que introducirnos na selva máis profunda. Nada máis lonxe da realidade e partindo dunha depuradora que hai antes de chegar á parroquia e Arcos vindo dende O Ézaro, hai un caminiño que nos leva directamente á fervenza a tan só 100 metros. Para chegar á depuradora, partimos dende O Ézaro. Temos que subir ata o mirador no desvío que hai na ponte do lado de Cee. Arriba, ao chegar ao mirador seguimos tirando cara o encoro de Santa Uxía do Ézaro, que habemos de atravesar logo de coller un desvio cara a dereita que baixa ao mesmo encoro. Atravesámolo e subindo deixamos o Pindo a man dereita (hai unha subida ben bonita ao Pindo dende este franco). Atravesamos o lugar de Fieiro e logo collemos nun momento que a vía se bifurca cara abaixo esquerda (pola dereita vas dar a Reboredo). Baixas e baixas e deixas Nouveira, e chegas a unha ponte onde remata o encoro e o río Arcos, afluinte do Xallas. Subes 100 metros e xa atopas a depuradora a man dereita. Aparcas e a disfrutar da natureza. Outros recunchos Novas relacionadas Fonte - Fotografia de Jesús Ángel Vázquez García.
|