Martes, 06 de xaneiro do 2009
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Unha das rías máis contaminadas de Galicia  Correo-e
sábado, 16 de febrero do 2008

As últimas novas arredor dunha das rías máis contaminadas de Galicia, a de Corcubión, cóntannos que os membros do Servizo de Protección de Natureza da Garda Civil (Seprona) están a recoller mostras de auga dos posibles focos de contaminación, que provocan que a ría esté pechada dende o 2003, con algunha apertura temporal.

A calificación de zona C, a calificación máis baixa que pode ter unha ría e que en Galicia só teñen o 15% das rías (a de Ferrol, a do Burgo na Coruña e a de Baiona, son o resto) implica a prohibión de venta de marisco fresco, é dicir, está pechada ao marisqueo. Esta prohibión débese á presencia de coliformes fecais, mais non ten en conta a presencia de hidrocarburos como o benzopireno (un dos máis perxudiciais para a saúde polo seu carácter canceríxeno) ou metais pesados, como o chumbo ou o cadmio. 

Fecais

O problema real e a base da denominación de zona C son as augas fecais. Así e todo ata un 70% de zonas de marisqueo en Galicia presenta restos de augas fecais, pero só o 15% está pechado ao marisqueo. Unha morea de desaugues rematan directamente no mar. Os ríos Cee e Ferrol, que se atopan en obras, desembocan directamente no regato do recheo, aí, ao lado da Casa da Cultura, sen pasar ningún tipo de depuración nin filtro.

Hidrocarburos e metais pesadosImage

Cando dicimos hidrocarburos xa sabemos de quen imos falar, pero imos falar baixiño porque aquí pouco se pode dicir da señora esa Ferro... Os 300 postos de traballo que xeneran dalle licencia para facer o que queira. Calidade laboral? Home, un pasando por aí diante, vendo a cor que ten todo, un imaxina a cor dos pulmóns de moitos que traballan dentro. E un que estivo traballando na refinería da Coruña, sabe de boa tinta que o único positivo é un soldo decente e unha certa estabilidade laboral. É o que pedimos? Pois non sei, se cadra se na guerra pagan ben, von ir para Gaza.

O benzonpireno é un dos Hidrocarburos Policíclicos Aromáticos (HAPs) máis perigosos. Os estudios ambientais prestan unha atención especial a estos HAPs. Sen ir máis lonxe, nas últimas prácticas que realicei na Facultade de Químicas da Coruña, analizábamos estes compostos como os máis perigosos pola súa capacidade de penetración e poder canceríxeno. A ría ten índices moi altos destes compostos, malia estar dentro dos límites legais. Datos do 2006 daban unha concentración de benzopirenos de 9.6 microgramos por kilo de produto, cando o límite legal de concentración permitida para o consumo humano era de 10. Forzando.

Se falamos de metais pesados, temos que falar da mesma fonte. Quen utiliza bario, cobre, cadmio, manganeso, molibdeno, níquel, chumbo, silicio, estroncio ou zinc? Pois a mesma señora, claro, pero os directivos da emprea xa se apresuraron a dicir que eles nada teñen que ver con estas altas concentracións, que o seu só é manganeso e sílice. Estas altas concentracións foron atopadas por un estudio realizado pola Universidade de Santiago no río Brens.

Así, temos unha preciosa ría pechada ao marisqueo (malia que haia aínda furtivo que se atreva a agachar o lombo), que tantos postos de traballo pode xerar, e temos a imposibilidade (a ver quen se atreve) de bañarse en varias praias da ría, como é a propia de Cee, que malia non ser das máis bonitas da bisbarra, de seguro que sería disfrutada por moita xente se estivera limpiña.

Novas relacionadas

Fonte

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com