Mércores, 19 de novembro do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

"O servizo Laxe Emprego pretende ser unha referencia para demandantes e ofertantes”  Correo-e
lunes, 18 de febrero do 2008

A figura do orientador laboral faise cada día máis importante. Nun mundo no que a especialización e a diversificación do emprego medra a grandes pasos fai falla alguén que axude a demandantes e ofertantes de traballo a atopar o que buscan. Ademais de contar cunha técnico de emprego, o Concello de Laxe dispón dende hai uns meses dunha profesional orientadora, Mari Carmen Varela. Falamos con ela sobre a situación laboral dos laxenses e acerca do futuro da vila co Pacto de Emprego.

  • Cal é o papel do orientador laboral nun concello como o de Laxe?Image

O papel do orientador laboral no noso concello ten como finalidade informar, asesorar, orientar e motivar a tódalas persoas que demanden un posto de traballo, adaptándonos a persoa para facilitarlle as ferramentas que fagan posible a súa busca autónoma de emprego e sobre todo poñer en valor os seus recursos persoais. Para levar a cabo todo este proceso póñense en marcha os Itinerarios Personalizados de Inserción, que son plans de traballo individualizados, organizados e titorizados que, ademais de facilitar a busca activa de emprego, serven para mellorar a empregabilidade do demandante, converténdose na porta de entrada a todas as políticas activas de emprego do Servizo Público de Emprego de Galicia.

  • Qué iniciativas se propoñen dende o Concello de Laxe para a inserción laboral?

O Concello de Laxe impulsa a creación do servizo Laxe Emprego dirixido a todos os veciños e veciñas que busquen información, orientación e asesoramento sobre temas vinculados co mundo laboral tratando que sexa un espazo de referencia tanto para empregadores e empregadoras como para desempregados e desempregadas. Pretendemos que este servizo trate de integrar as demandas de emprego que o noso tecido empresarial xere cos candidatos máis axeitados e así, que sexa un centro de referencia na procura de emprego. Neste intre estamos a traballar na creación dunha bolsa de emprego.

Por outra banda, contamos cos servizos da axente de Emprego e Desenvolvemento Local. Tamén participamos nas políticas activas de emprego do Servizo Público de Emprego de Galicia, acabamos de rematar un Obradoiro de Emprego, participamos nos Programas de Cooperación e nos Plans Integrais de Emprego de Galicia. Dende hai anos estamos adheridos os programas de emprego da Deputación da Coruña e este ano tamén participamos no novo proxecto Rede X.I.A.N.A. (Xestión Integral, Accesibilidade, Novas Tecnoloxías e Adaptabilidade Laboral) Finalmente comentar que o noso Concello formará parte do Pacto Territorial polo Emprego da Costa da Morte.

  • Cre vostede que o Pacto Territorial de Emprego vai servir para darlle un pulo a comarca?

Dende o meu punto de vista o Pacto Territorial de Emprego suporá un gran avance nas políticas de Emprego da Costa da Morte. Achegar a realidade unha análise profunda do territorio en cuestión de emprego determinará planificar de forma efectiva as necesidades do mercado de traballo. En definitiva, repercutirá nunha mellora nas oportunidades de emprego, iso, é o que queremos e necesitamos tanto os traballadores e traballadores como os empregadores.

  • Dende o Concello de Laxe faise algo especial coas mulleres e cos xóvenes xa que son os colectivos con maiores dificultades para atopar traballo?

No Concello de Laxe somos moi conscientes que os xóvenes e, sobre todo, as mulleres representan un dos colectivos con maiores taxas de desemprego e todas as accións de carácter laboral que poñemos en marcha tratan de apoiar a estes colectivos. Como exemplo podemos destacar que no último obradoiro de emprego que se levou a cabo durante do ano 2007 a maioría das participantes foron mulleres e destacar que a formación foi en empregos masculinizados. Apoiamos ás mulleres que plantexan a súa diversificación profesional.

  • É máis fácil para unha persoa atopar emprego se ten unha licenciatura, con Formación Profesional ou cando non ten estudios?

É indubidable que a formación mellora a empregabilidade das persoas. Dende este punto de vista, a formación é un dos piares fundamentais para acceder o mercado laboral e isto reflíctese tanto na profesionalidade como nas oportunidades de emprego que nos podemos xerar.

  • Hai xa incidencia da inmigración no concello de Laxe ou non é tan importante como noutros municipios? Faise algo para integrar aos inmigrantes no mercado laboral?

A inmigración no Concello de Laxe non ten tanta incidencia como noutros concellos da Costa da Morte. A maioría dos inmigrantes que viven no noso municipio son de orixe peruana e están perfectamente integrados no noso mercado laboral xa que soen vir cun contrato de traballo para empregarse como mariñeiros.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nova cedida polo semanario O Acontecer.
  • Fotografía de Marcos Rodríguez.
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com