|

Con tanto balbordo que se está a liar con isto do Plan Acuícola, semella difícil de asumir por que hai zonas nas que non se escoita nin palabra sobre o tema. É o caso de Corcubión, que probablemente albergará unha piscifactoría de 75.000 metros cadrados na preciosa paraxe do Cabo C, (ou Cee?), situada na península da Redonda. Por que non se escoita nada por Corcubión? A verdade é que non se sabe moi ben. Ben é certo que das 7 piscifactorías que atinxen á nosa bisbarra (Camelle, A Xandriña, Lira, Corcubión, Seiruga, Merexo e Quilmas), tan só a do Cabo C conta coa aprobación do estudio ambiental, en tanto que no resto o estudio ambiental é desfavorable. Malia e todo, estamos dacordo en que se plante unha granxa nese lugar tan paradisíaco e tranquilo? Están dacordo os máis de 20 veciños propietarios de terreos na zona coas expropiacións? Xa sabemos o concello non di nada, i é que asumen como palabra do Señor o veredicto dos informes que hai sobre o proxecto, e mentres non haia oposición dende ningún colectivo non haberá protestas. Proxecto Analizamos un pouco o proxecto para ver cales podesn os meirandes problemas da construción da planta. Estamos a falar dunha granxa de nova construción que ocupará uns 75.000 metros cadrados. Usos do solo Están definidos como pasarbus, isto é, pastos arbustivos e unha pequena porción como eupiñe, é dicir, eucalipto e piñeiros. Clasificación e ordenación urbanística do solo - A) Clasificación urbanística actual: (o terreo é propiedade de máis de 20 veciños)
Unha zona é "Solo rústico de protección de Costas"(NUPL); Toda a area é "Solo non urbanizable de protección paisaxística"(NUPK); - B) Clasificación adoptada polo presente Plan sectorial: Proposta para calificar todo como "Solo rústico de protección de Costas" (NUPL) onde se poderá consturir ata 3,5m de altura, respetando 5 m polas beiras, e construindo como máximo nos 2/3 da superficie total ocupada.
ESTUDIO AMBIENTAL - Esta parque atópase ao carón do LIC Costa da Morte ("Espacio natural en réxime de protección xeral");
- Do mesmo xeito, está preto do IBA Costa da Morte (Important Bird Area), calificada pola internacional SEO/Birdlife;
- Fauna: 27 especies características;
- Flora: matogueira de toxo, con algunhas breixeiras. Os toxos (Ulex europaeus) dominan grande parte do terreo de estudo, aínda que unha importante parte está destinada a cultivos e pradarías.
Conclusión do estudio A Ceinsa, a empresa realizadora do estudio sinala: Consideramos que a área é idónea para acoller instalacións de acuicultura, xa que os valores naturais ou paisaxísticos non presentan especial relevancia, de modo que os impactos xerados por un futuro proxecto resultan asumibles dende un punto de vista ambiental.. Analizando todos estes datos, poderiamos pensar que se trata dunha zona axeitada para montar unha granxa. Pero un se resiste a pensar que todo ese precioso enclave, con ese triángulo que forman as curvas de Fisterra á dereita, as Lobeiras diante, e o grandioso Monte Pindo a man esquerda, vaise perder. Vendo actuacións como a do Cabo Vilán, onde o mar de viraventos e a piscifactoría desvirtúan totalmente a beleza dun lugar incomparable, coido que o desenvolvemento pode ir por outros lados, fomentando un turismo sostible, unha agricultura ecolóxica de calidade, iniciativas como a Reserva Mariña de Lira ou a propia Mar de Lira, que dan tantos ou máis postos de traballo e non destrozan o litoral, senon que axudan a coidalo. Novas relacionadas Máis información Fonte
|