Xoves, 28 de agosto do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Inaugurado o paseo fluvial de Baio coa presenza do presidente da Deputación de A Coruña  Correo-e
miércoles, 20 de febrero do 2008

Image

O pasado 7 de febreiro acudía a Baio o presidente da Deputación Provincial de A Coruña, Salvador Fernández Moreda, para inaugurar o novo paseo fluvial da vila xunto co alcalde de Zas, Manuel Muíño Espasandín. O presidente do ente provincial salientou o compromiso desta institución coa recuperación e posta en valor do patrimonio natural da provincia, segundo manifestou no acto de inauguración, no que participaron tamén o primeiro o vicepresidente provincial, Pablo Villamar; os deputados Carmen Borbujo e Xoán Manuel Sande; o concelleiro do BNG de Vimianzo, Manuel Antelo; e un numeroso grupo de veciños da zona.

Os habitantes de Baio dispoñen dende a semana pasada dun novo espazo para o lecer, e trátase dun paseo fluvial que discorre paralelo ao río Grande, cunha lonxitude aproximada de 230 metros. A recuperación ambiental e paisaxística deste contorno natural fíxose grazas ao proxecto desenvolvido pola Deputación da Coruña, a través do Programa Operativo Local, cun investimento total de 421.000 euros.

Esta intervención contemplou tamén a execución dun carril-bici, cun largo de tres metros, así como a instalación do alumeado, ademais de diverso equipamento de mobiliario urbano. Tras o descubrimento dun monolito de pedra que lembra a apertura do novo paseo fluvial por parte de Fernández Moreda e de Manuel Muíño, este agradeceulle á Deputación da Coruña a execución do proxecto, e salientou tamén o compromiso do goberno local para “a recuperación do noso patrimonio, e para poñer en valor a nosa paisaxe”. Manuel Muíño solicitou o apoio económico da institución provincial para prolongar o actual paseo. Pola súa parte, Fernández Moreda referiuse á recuperación “dun espazo natural para o uso e gozo dos cidadáns”, e valorou a execución do proxecto.

Dotación de servizos

O proxecto contemplou as obras necesarias para a recuperación ambiental e transformación da zona da ribeira do Río Grande, mediante a creación do paseo fluvial, relanzando a zona como espazo de lecer e de gozo para tódolos habitantes da zona, ademais dos turistas que visiten o lugar.

O paseo fluvial está formado por un respaldo de protección do arborado da ribeira do río, un paseo peonil de dous metros de ancho, carril-bici de tres metros e zona verde que sirve de separación entre paseo e carril-bici.

Dotouse dos servizos de abastecemento de auga, rego, alumeado, e recollida de augas pluviais mediante gabia de lastro. Realizáronse dúas pasarelas peonís de madeira de piñeiro vermello para unir a illa existente. A iluminación do paseo peonil fíxose mediante columnas de 6 metros de alto de aceiro galvanizado, brazo de un metro e luminaria con lámpada de 100 watios. Dentro do mobiliario urbano inclúense bancos de madeira e de pedra de granito, así como papeleiras e fonte de fundición. Na zona da illa e no comezo do tramo colocouse unha varanda de madeira.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nova cedida polo semanario O Acontecer.
  • Fotografía de Marcos Rodríguez.
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com