Xoves, 28 de agosto do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Cee, Vimianzo, Dumbría, Laxe e Cabana, ausentes no Pacto de Emprego  Correo-e
miércoles, 20 de febrero do 2008

Chega unha iniciativa conxunta, un proxecto colectivo que pode traer unidade e cohesión para unha bisbarra cunha realidae social e laboral ben complicada. O Pacto Territorial de Emprego da Costa da Morte chega coa ilusión de axudar a crear unha rede global que axude a fixar a poboación, sobre todo a nova, que cada ano ten que emigrar á cidade para se desenvolver como traballador.

Onte, martes 19 de febreiro de 2008, firmábase o acta fundacional da asociación, pero dos 18 concellos que nun primeiro momento mostraran o seu interese, tan só 13 estaban presentes. E con todo, dos 13, nin Carnota, nin Fisterra, nin Corcubión puideron rubricar o Pacto, por non teren adoptado o acordo plenario os dous primeiros, e porque o concelleiro que acodía de Corcubión non tiña poder para rubricalo.

Contra Carballo

A semana pasada Ramon Vigo, alcalde de Cee, mostraba a súa disconformidade fronte a presencia de Carballo no Pacto, por corresponder a realidades socioeconómicas radicalmente distintas. E non lle falta razón, con todo.

O alcalde de Vimianzo lidera tamén o movemento contra a inclusión Carballo e A Laracha, secundada tamén por Laxe e Dumbría. Pola súa parte, o alcalde de Cabana non acodíu por outros motivos, por ter outra reunión prevista con anterioridade, de feito que é probable que remate firmando o Pacto.

Sindicatos

Do mesmo xeito que os concellos, os sindicatos tampouco están a darlle un valor claro ao Pacto. Tan só un dos 3 máis importantes, Comisións Obreiras, comparecíu. Así pouco imos facer.

Novas relacionadas

Fonte

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com