|
Os problemas da confraría de Corme trala deixar o patronato da confraría de Corme están a trae moita cola. Ante o vacío de poder, malia que o vicepatrón Baneira quedou ao mando da nave (xa antes a controlaban na sobra como se dunha mafia se tratase) e xa anunciou o peche do percebe. Suso considera que a decisión foi tomada á medida dos que mandan. Claro, eles andan ao ourizo e os demais que se... Pero que diferencia hai, non é porque hai un estudio nin nada deso. A confraría tiña onte, venres 22 de febreiro de 2008, unha xuntanza, na que como nos sinalaba o expatrón maior non se arreglou nada. Con todo, nun par de meses realizaranse unhas eleccións anticipadas, sempre que haia candidaturas. O grupo de Baneira, que dalgún xeito nunca deixou de levar o mando na sombra, presentarase e se non hai oposición, controlará a confraría de novo, cousa que dende outras partes non vén adecuado, e feito que poder facer a Suso Lista voltar a presentarse, aínda vou ter que voltar a meterme aí, porque como haia unha soa..., aseguraba. Falamos con Suso e sinalaba que o meirande problema é que priman os intereses económicos persoais, e non hai visión de grupo nin de comunidade, a xente prefire pagar en negro, cobrar a 80, a factura vai a 5 e así non declaran apenas e collen moito máis do que poderían. Xornadas Gastronómicas da Costa da Morte O hotel Sofitel de Madrid acolle a vindeira semana unha xornadas gastronómicas da bisbarra. Reuníanse o pasado sábado en Carballo os membros da organizacións con representantes de varias confrarías e da gandería da bisbarra. Produtos como o Percebe do Roncudo, o Peixe de Roca de Laxe, a Centola e o Polbo de Lira, o Longueirón de Fisterra, alén do Porco Celta, a Galiña Piñeira oo o Pan de Carballo foron solicitados polo cociñeiro Rafael Mena. Novas relacionadas Fonte
|